Ophelia e un futuro incerto.

webexterna_ColorIR87_[16-15]

Non se fala de outra cousa. Estos días os medios de comunicación estanse facendo eco (de maneira máis ou menos acertada) da presenza do furacán Ophelia ao sur das Illas Azores o cal, previsiblemente, a partir de xa, comezará o seu traxecto cara o norte, pasando moi preto do noroeste Peninsular. É aquí onde reside a incerteza, por onde pasará, exactamente, o que quede do furacán Ophelia?

É unha pregunta que non é sinxela de contestar, xa que, fará uns minutos, Ophelia subiu a nada máis e nada menos que a categoría 3, sendo o primeiro furacán que acada esa categoría tan preto da Península Ibérica dende que hai rexistros, sen dúbida estamos vivindo un acontecento histórico da meteoroloxía. No seu traxecto cara latitudes máis norteñas, comezará a interactuar con masas de aire de distinta natureza, masas de aire frío comezarán a interactuar con outras máis cálidas, isto provocará que vaia perdendo as súas características tropicais pero, en lugar de perder intensidade, gañandoa e aumentando o seu radio de acción. Un proceso moi perigoso xa que, onde afecte de cheo, provoca ondas de máis de 10 metros de altura, ventos de máis de 150 km/h, chuvias intensas.. en definita, un cóctel meteorolóxico moi perigoso no seu proceso de extratropicalización.

Captura  O mapa que vedes á esquerda deste parágrafo, mostra as diversas traxectorias previstas polo modelo ECMWF que Ophelia podería coller. Como vedes, o máis probable é que non se achegue moito a Galicia como para provocar un temporal serio, pero, aínda así, hai algúns escenarios que a achegan suficientemente preto como para que o temporal de vento sexa bastante máis forte do que inicialmente se prevía. Isto mostra o grado de incerteza que teñen os pronósticos cando se trata de saber cal será a traxectoria que seguirá un furacán, xa que son sistemas de pequeno tamaño, de movemento moi errático, e unha pequena variación non prevista da súa traxectoria, podería facer que o pronóstico cambiase por completo, sen dúbida apaixoante.

Se nos ceñimos á traxectoria máis probable, é dicir, á que mostra a Ophelia relativamente lonxe do noroeste Peninsular, o que pasará é que ao longo de mañá Domingo o vento sopre cada vez con máis intensidade de dirección sur, acadando a partir da tarde-noite refachos de máis de 80 km/h en zonas altas do interior e no litoral. Xa na noite e na madrugada superaranse os 100 km/h en no oeste de Coruña e nas zonas altas da comunidade. A chuvia chegará tamén na madrugada do Luns, a fronte asociada a Ophelia afectara cón máis entidade ao oeste e sur de Galicia.

A partir de aí, poderíase abrir a «porta» Atlántica e comezar a ter unha circulación de ventos húmidos do oeste/suroeste, o que nos traería varias frontes ao longo da semana que irían aliviando, pouco a pouco, a seca extrema que padecemos dende fai meses e os lumes que arestora temos activos en todo o territorio. Como viñemos seguindo estos días nas contas de Twitter e Facebook, os modelos foron cambiando moito nun curto espazo de tempo, dende modelizar chuvias moi intensas con acumulados de máis de 400 l/m2 ao longo da vindeira semana, ata sol e calor a partir do Martes. A día de hoxe, o máis probable é que se estableza o que comentaba, unha circulación de vento do oeste que nos traia as tan ansiadas precipitacións.

Como xa sabedes, iremos seguindo toda a última hora en Twitter e en Facebook, con especial atención ao movemento do furacán Ophelia e das posibles precipitacións da vindeira semana.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s