Comeza unha semana marcada polo frío

ECMWF 850 HPA

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o Mércores 29

Tralas chuvias que nos afectaron esta semana, precipitacións que foron moi ben recibidas polo campo, xa que en bastantes zonas caeron máis de 70-80 l/m2, semella que entraremos nun novo período seco que, agardemos, non se alargue moito no tempo. Para comezar, a semana que comezaremos mañá estará marcada polo réxime de vento do norte. Isto a Galicia non acostuma a traer moita auga, tan só a metade norte verá chover por veces pero de xeito feble e intermitente.

Todo ven polo afianzamento dun bloqueo de altas presións no Atlántico, dende as Azores ata Islandia/Groelandia, e o paso dunha rexión de baixas presións a Europa. O “baile” destos factores provoca unha canalización de vento do norte, tal e como vedes na imaxe que encabeza este artículo, que chegan húmidos á metade norte da Península, pero que apenas deixan chuvia no resto. Pero, iso si, a masa de aire frío que arrastra deixarase notar, con máximas que serán frescas e mínimas moi frías, no interior de Galicia produciranse xeadas que poderían chegar a ser intensas a partir do Mércores.

Temperaturas previstas GFS

Como xa comentamos, a irrupción de aire frío polar que se dará a mediados de semana deixará mínimas que serán moi baixas en zonas do interior, tanto de Galicia, como da Península. Na imaxe da esquerda vedes as temperaturas previstas polo modelo Americano GFS para o Sábado 2 de Decembro ás 7:00, baixo cero en gran parte da comunidade.

Aínda que faltan poucos días para o comezo desta “nortada”, segue habendo bastante incerteza sobre como finalmente nos afectará e en especial, a súa intensidade. O que está claro e que o descenso das temperaturas será moi notable, pero chuvia, que é o que realmente fai falta agora mesmo, moi pouca ou nada.

Polo tanto, frío sí, pero pola chuvia continuada e intensa temos que seguir agardando, xa que de momento, máis alá da nortada de mediados de semana, pouco se pode mirar, xa que os modelos non teñen moi claro o que pasará, aínda que, iso si, semella que Decembro terá máis movemento que Novembro, o cal nos indica que polo menos teremos algo de todo.

Estaremos moi pendentes deste episodio de frío e tamén do que nos vaian mostrando os diversos modelos numéricos para a situación meteorolóxica que teremos despois. Coma sempre, diariamente no noso Twitter e tamén na nosa páxina de Facebook.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s