Recta final de ano con paso de frontes atlánticas.

meteosat-msg_airmass_overlay-ne_10m_coastline_overlay-ne_10m_admin_0_boundary_lines_land

Imaxe das masas de aire. 18:30 h do Domingo 24 de Decembro.

Tal e como comentamos no derradeiro artículo deste blog, esta semana estaría marcada polo dominio das altas presións, con ceo con moi poucas nubes, temperaturas que subirían bastante durante o día, agás en zonas de néboa, e noites frías con xeadas en zonas do interior Galego. Pero nese artículo tamén comentábamos a tendencia que se vía de cara o final do ano. As borrascas gañarían forza e o anticiclón debilitaríase, iso o que provocaría é que remataramos o 2017 cunha circulación de ventos do oeste e sucesión de frontes atlánticas.

Na imaxe que encabeza este artículo vemos como a Península Ibérica está totalmente libre de nubes grazas ao potente anticiclón que temos enriba, pero un anticiclón que será «derribado» por algo pequeno. Vedes esas cores marróns/violetas ao oeste de España? É un pequeno embolsamento de aire frío en altura, o cal, se fose Verán, estaría provocando treboadas moi intensas no país. Agora non, xa que non temos calor acumulada, pero esa bolsa de aire frío en altura fará de atractora para a extensa fronte que xa está ben formada no Atlántico e que nos afectará mañá Luns pola tarde.

-SUCESIÓN DE FRONTES NOS VINDEIROS DÍAS

anim_wrf_arw_det_d03_prec_06h_sfc

A animación da esquerda móstranos, según o modelo WRF, como evolucionarán as precipitacións dende hoxe Domingo ata o Mércores. Como vedes, irán entrando varias frontes ao longo dos vindeiros días que deixarán chuvias puntualmente intensas na metade oeste, con acumulados que poderían pasar dos 50 l/m2 no interior de Pontevedra na xornada do Martes, sen dúbida unha moi boa noticia para rematar este 2017 que foi tan seco, con chuvias moi por debaixo da media.

Ademáis, o vento deixarase sentir con especial intensidade tamén na xornada do Martes, con refachos que poderían acadar os 80 km/h de compoñente oeste en case calquer punto da comunidade. Polo tanto, temos por diante unha recta final de ano con chuvias que acumularán máis de 100 l/m2 na totalidade do episodio no interior de Pontevedra, nas montañas do sur de Ourense e tamén no oeste de Coruña.

Coma sempre, poderedes seguir a última hora deste episodio na conta de Twitter e tamén na páxina de Facebook, onde estou activo practicamente a diario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s