Pronóstico especial: Fin de Ano e Aninovo

Captura

Estamos a 48 horas de rematar o ano, e a situación meteorolóxica segue estando caracterizada polo vento do suroeste que segue aportando humidade dende o Atlántico, con entrada de frontes e con chuvias que están a ser máis intensas e persistentes en Coruña e Pontevedra, como é normal. Pero, seguiremos con esta tónica para rematar 2017 e comezar o 2018? Imos ver.

-FIN DE ANO

bitmap

Como vedes nos mapas superiores, a inestabilidade continuará. A xornada do Domingo comezará co paso dunha fronte nas primeiras horas do día, unha fronte que será moi activa, pero que tamén pasará moi axiña. Ao seu paso deixará fortes refachos de vento pero especialmente chuvias que serán fortes na plenitude da liña, mesmo non se descarta algunha treboada. Tralo paso da fronte, quedará unha xornada de chuvascos, algúns poden ser puntualmente e de novo poderán vir acompañados de treboadas e tamén de saraiba. O vento seguirá zoando de compoñente oeste con refachos fortes.

Xa durante a noite as chuvias intensas cesarán, pero seguiremos tendo moitas nubes tal e como vedes no mapa e ademáis, co avance da madrugada as chuvias irán indo máis nas provincias Atlánticas, chuvias que non serán intensas pero de novo serán das que máis mollan.

Ademáis, debido ao paso desta fronte, tanto MeteoGalicia como AEMET tiveron que activar avisos por chuvia (Coruña e Pontevedra), por acumulados máis de 15 l/m2 nunha hora e 40 l/m2 en 12 horas, por vento (Coruña, Pontevedra e A Mariña) por refachos de máis de 80-90 km/h, e por fenómenos costeiros. De feito, na costa Coruñesa temos activado un aviso de nivel laranxa por mar combinada de ondas de 5-6 metros e vento do suroeste de forza 7 con núcleos de forza 8, polo tanto moita precaución. Estes avisos podédelos consultar pinchando AQUÍ.

-ANINOVO

3Comezaremos 2018 tal e como rematamos o 2017. Circulación de suroeste con chuvias que nesta xornada xa estarán máis repartidas e que de novo poden ser puntualmente intensas, especialmente nas provincias Atlánticas e tamén na provincia de Lugo, e é que 2018 daranos a benvida co chegada dunha nova fronte. As temperaturas seguirán sendo suaves debido a ese vento marítimo que chegada cargado de humidade pero tamén con suavidade térmica. Polo que se ve, semella que pouco a pouco imos arranxando a seca que vimos arrastrando dende fai moitos meses. Decembro foi un mes moi bo en toda Galicia con altos acumulados, aínda queda moito por chover para arranxar todo este déficit que arrastrábamos, pero pouco a pouco xa imos volvendo á normalidade.

Ademáis, como adianto, de cara Reis vese a posibilidade de que unha vaguada xa máis profunda e con moito aire frío poida chegar á Península e traer chuvias e tamén NEVE, a día de hoxe, nevaría en cotas ben baixas, pero queda moito e hai que ir afinando.

Coma sempre, poderedes seguir a última hora deste episodio na conta de Twitter e tamén na páxina de Facebook, onde estou activo practicamente a diario.

Feliz 2018!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s