Cambiamos as chuvias, polo frío

t850_96

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o día de Reis

Rematamos 2017 tal e como adiantara nun dos derradeiros artigos que publicara no blog, xa que antes de comezar o Nadal, xa se vía clara unha tendencia a vento do oeste/suroeste para a recta final de ano que nos deixaría precipitacións, e así foi, acumulando cantidades bastante decentes, que maquillan un pouco como foi o ano, xa que estivo marcado por un déficit de chuvias moi importante, cunha seca de tal importancia que tivo que haber restriccións de auga en bastantes pobos de Galicia, pero semella que pouco a pouco imos volvendo á normalidade e ao típico tempo Galego.

Na xornada de hoxe Mércores estamos sumidos nunha circulación de vento do oeste/suroeste que arrastra aire moi húmido e temperado dende o Atlántico o que provoca que as chuvias sexan persistentes na metade oeste de Galicia pero que as temperaturas sexan bastante altas para a época do ano, con máximas de ata 16ºC e mínimas que, nalgúns puntos, non baixan dos 15ºC. Por exemplo, hoxe en Pedro Murias (Ribadeo) rexistrouse unha mínima de nada mais e nada menos que 16,7ºC! e estamos a 3 de Xaneiro, pero neste tipo de configuracións é normal que se rexistren estas temperaturas altas na Mariña, xa que o vento do suroeste, aparte de chegar seco, chega tamén quente tras atravesar todo o territorio Galego, é o que se lle chama «efecto foehn». Cando hai nordés, especialmente no Verán, pasa a situación inversa. Mentras na Mariña teñen, a 3 de Xullo, temperaturas máximas de 13ºC con ceo cuberto e orballos, nas Rías Baixas o ceo está despexado e as temperaturas pasan sobradamente dos 30ºC. Galicia é un territorio que ten moitos microclimas.

Esta circulación de vento do suroeste, seguirá ata o Venres de madrugada, cando unha fronte moi activa asociada á vaguada que marcará o tempo durante a fin de semana, rompa esta dinámica de orballos persistentes e temperaturas temperadas. Como vedes na imaxe que encabeza este artículo, estamos falando da chegada de aire frío dende o Atlántico da man dunha borrasca que primeiro se situará no Cantábrico pero que pasará axiña cara o Mediterraneo, provocando unha situación de vento do norte que canalizará aire frío dende latitudes máis altas, con chuvascos, e un descenso considerable da cota de neve.

Probabilidade de NEVE

Probabilidade de NEVE

Tralo paso da fronte moi activa durante a madrugada do Venres, que deixará cantidades importantes de chuvia nas provincias Atlánticas, a cota de neve irá baixando pouco a pouco ata situarse, ao final de dito día, nuns 700 metros. De momento, aquí aínda habería precipitación suficiente como para que nevara en moitas zonas por riba desa altitude, pero a cota de neve máis baixa darase, en principio, durante a xornada de Reis e será cando esté a uns 600 metros de altitude, puntualmente por debaixo se poderían ver algunhas folerpas nas zonas onde o chuvasco sexa máis intenso. Non está moi claro aínda como evolucionarán as precipitacións durante a xornada do Sábado, que, como vimos de comentar, será cando a cota de neve esté máis baixa. A día de hoxe, non se ven chuvascos en gran parte da comunidade, tan só na metade norte sería onde terían os chuvascos máis frecuentes e intensos, pero tampouco semella que vaian a ser gran cousa.

O mapa anterior mostra a probabilidade de nevaradas para o Venres e o Sábado, sendo a cor vermella a maior probabilidade, e o verde claro, a menor probabilidade. Como vedes, as zonas de montaña verán neve sen dúbida, e tamén no sur de Ourense e zonas limítrofes de Pontevedra con Ourense e Lugo, por riba duns 600 metros de altitude. Tamén na Serra do Xistral, no norte de Lugo, se poderían acumular algúns centímetros, pero insisto, non está nada pero que nada claro como se vai comportar a precipitación durante a fin de semana, xa que depende de pequenas borrascas que se vaian achegando, e debido ao seu pequeno tamaño e errático movemento, son moi complexas de modelizar con exactitude.

Polo tanto, estamos falando dun episodio que onde haxa precipitación suficiente, podería deixar neve por riba dos 600 metros, pero sen dúbida o que máis notaremos será ese descenso tan importante dos termómetros, xa que vimos de xornadas con moi pouca amplitude térmica con máximas e mínimas moi suaves, será un drástico cambio de tempo pero propio da época do ano. Ademais, tras este episodio de frío que comezará o Venres, co comezo da nova semana síguese vendo movemento con chegada de máis frontes dende o Atlántico, moito dinamismo atmosférico neste comezo de 2018, algo totalmente distinto ao ano que vimos de rematar. Esperemos que 2018 se comporte moito mellor ca o 2017!

Coma sempre, poderedes seguir a última hora deste episodio na conta de Twitter e tamén na páxina de Facebook, onde estou activo practicamente a diario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s