A chuvia continuará durante moitos días

Captura

Imaxe de satélite visible das 15:00 UTC do Martes 6 de Marzo

No derradeiro artículo deste blog, comentaba e explicaba por qué a fináis de Febreiro sería moi probable que se dese un cambio de patrón que traería tempo máis inestable á Península Ibérica, o vórtice polar tivo moito que ver xa o seu debilitamento favoreceu que as altas presións subisen cara latitudes máis altas e por contra as borrascas baixaran de latitude, afectando de cheo ao noso país. Todo comezou cunha potente entrada fría Siberiana que conxelou media Europa con termómetros por debaixo dos -20ºC en gran parte do continente e finalmente con nevaradas moi copiosas en Inglaterra ao nivel do mar. Na Península producíuse un choque de masas na metade norte debido á entrada dese aire frío continental e ao ascenso dunha fronte dende o sur. A combinación destes dous factores desencadenou en nevaradas ao nivel do mar en gran parte do Cantábrico, cidades como San Sebastián, Bilbao, Santander.. etc amenceron cun manto branco e con ata 10 cm de neve, mentras en Galicia tamén viron praias brancas en Arteixo e nevaradas na Mariña o pasado Mércores 28 de Febreiro. A partir de aí, as borrascas comezaron a gañar terreo e sucesivas frontes foron entrando sen parar, regando toda España con acumulados que están a ser importantes na fachada Atlántica e con nevaradas nas montañas. Ademais, temos tanto aire frío en altura que iso desencadena en grandes nubes de desenvolvemento vertical que descargan fortes chaparróns con saraiba e treboadas.

Seguiremos con este tempo tan inestable?

A resposta está moi clara: SÍ. A descarga de aire frío continental foi tan forte e extensa que gran parte dela foi “vertida” cara o Atlántico, sendo ese aire frío utilizado polas borrascas para alimentarse continuamente entre as Azores e a Península, provocando importantes refachos de vento e chuvias intensas. E así seguiremos, xa que o anticiclón das Azores seguirá desaparecido e o seu sitio estarano ocupando as borrascas. Este mes de Marzo semella querer ser moi húmido en toda Galicia con continuas entradas de frontes, e qué falta facía!

MwNaceWLtE-iloveimg-cropped

Acumulados previstos polo GFS dende a tarde do Martes 6 ata a tarde do Domingo 11 de Marzo

A animación da esquerda deste párrafo mostra a chuvia prevista polo modelo GFS dende a tarde deste Martes 6 de Marzo ata a tarde do vindeiro Domingo 11 de Marzo. Como vedes, os acumulados serán moi importantes en toda a metade oeste de España, así como no sur e oeste de Galicia, onde superarán os 100 l/m2 con holgura nas zonas abertas ao vento do suroeste. Previsiblemente, as zonas que máis auga recibirán da comunidade serán as serras do prelitoral da provincia de Pontevedra, o suroeste da Coruña e as montañas de Ourense. Aínda que na metade norte da comunidade tamén choverá, os acumulados serán menores xa que o vento do suroeste chega con menos humidade ata alí, pero tamén choverá con forza por veces.

A primeira fronte das varias que nos atravesarán ata finais de semana chegará mañá pola tarde da man dunha pequena borrasca que pasará rozando o noroeste da comunidade, con acumulados que serán máis altos na metade sur. A seguinte semella que chegará a madrugada do Venres con fortes refachos de vento e chuvias intensas. E ollo, porque esta fronte pertence a unha familia de borrascas que se quedará estática ao noroeste da Península ata o Domingo enviando sucesivas liñas de chuvias intensas, pero hai que estar moi pendentes dunha borrasca que (outra vez) podería levar unha traxectoria que pasaría moi preto de Galicia de cara o Domingo, e ademais este centro de baixas presións si que xa sería profundo e podería provocar un importante temporal de chuvia e vento.

Captura

Mapa de presión en superficie e precipitación previsto para o Domingo ás 00:00. Modelo ECMWF.

O mapa superior mostra a posición máis probable na que se situaría a borrasca na madrugada do Domingo. Aí situada, e sendo tan profunda, as chuvias serían intensas e persistentes en boa parte de Galicia pero sen dúbida o máis destacado serían os refachos de vento. De cumprirse os mapas que se ven a día de hoxe, estaríamos falando de refachos de máis de 100 km/h tamén en terra e en zonas pouco habituáis a rexistrar refachos tan intensos. Pero os valores finais dependen de por onde pase finalmente a borraca, a maioría dos modelos lévana moi preto de Galicia cara o Cantábrico e nesa traxectoria o temporal daría que falar.

Cabe destacar tamén que, a vindeira semana tamén podería estar marcada polo tempo húmido e chuvioso xa que en principio seguirían chegando liñas dende o Atlántico, empurradas polo vento do suroeste, elevando máis as cantidades de auga a este mes de Marzo que está a ser moi interesante no meteorolóxico.

Coma sempre, poderedes seguir a última hora deste episodio na conta de Twitter e tamén na páxina de Facebook, onde estou activo practicamente a diario.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s