Borrasca Félix: Todo o que necesitas saber

meteosat-msg_airmass_3995_overlay-ne_10m_coastline_overlay-ne_10m_admin_0_boundary_lines_land

O máis probable é que xa escoitaríades falar dela. A borrasca FÉLIX está a piques de complicar moito a situación meteorolóxica na fin de semana en gran parte da Península Ibérica, pero especialmente no noroeste Peninsular e en concreto, na nosa comunidade, en Galicia.

Na imaxe que encabeza este artigo vemos unha gran rexión de baixas presións situada entre as Illas Azores, a Península Ibérica, e Inglaterra. Esta rexión de borrascas leva viaxando ao longo dos últimos días polo Atlántico dende NorteAmérica e agora irá parar a Europa. Recordades ese aire frío Siberiano que se ía «perder» no Atlántico? Pois ben, este aire frío serviralle de alimento a esta gran área depresionaria para reforzarse e formar unha nova borrasca, profunda, non moi extensa, pero que pasará moi preto do noroeste de España durante a xornada do Domingo, complicando moito a siuación. Esta pequena borrasca será Félix, pero aínda non naceu, está a piques.

De momento estamos a Venres, e o que temos que agardar para a xornada de hoxe é que o vento vaia aumentando conforme vaian pasando as horas e ao final do día teñamos un temporal de vento, especialmente cara a medianoite con refachos que nas provincias Atlánticas e en zonas altas do interior superarán os 80 km/h. Vento que precede a unha fronte que inaugurará o Sábado con chuvias intensas e tamén algunhas treboadas. AEMET xa ten activados avisos para esta noite por vento en toda Galicia agás no sur de Lugo, Valdeorras, Miño e Noroeste de Ourense, e por treboadas no suroeste de A Coruña e nas Rías Baixas para as últimas horas do día.

anim_wrf_arw_det_d03_refacho_sfcA animación da esquerda mostra os refachos previstos polo modelo WRF dende a mañá de hoxe ata a noite do Luns 12 de Marzo. Fixádevos como xa esta noite se prevéen refachos de máis de 80 km/h en boa parte de Galicia, pero o gordo, xa asociado á borrasca Félix, chegará na madrugada do Domingo, con ventos de máis de 100 km/h en moitos puntos da comunidade, xa temos activados avisos de nivel laranxa por vento.

Para a xornada do Sábado as chuvias serán máis frecuentes e intensas no sur e oeste de Galicia onde poderán ser fortes e vir acompañadas de treboadas e tamén de saraiba, o vento irá aumentando tamén co avance do día e xa a última hora se superarán os 80 km/h en boa parte da comunidade. Pero ollo porque como vedes na animación o máis forte agárdase para a madrugada do Domingo en canto a vento. Nese momento a borrasca Félix pasará preto, moi preto de Galicia e será profunda, polo que se agarda un importante TEMPORAL de chuvia e vento durante dita madrugada que continuaría o Domingo con refachos de vento intensos (pero xa menos que na madrugada) e chuvias que poderían acumular, nas serras do interior e prelitoral Pontevedrés, no suroeste de A Coruña e nas zonas altas do interior, os 100 l/m2 en tan só 24 horas, e serán chuvias intensas que de novo poderían vir acompañadas de aparato eléctrico e tamén de saraiba, polo tanto teremos un cóctel de tempo adverso polo que hai que extremar moito as precaucións.

mh_ww3_d51_wave_sfc_f054

Altura significativa de onda prevista polo modelo WRF para primeira hora do Domingo 11.

Pero non só a chuvia e o vento serán as complicacións desta fin de semana. A profundización da borrasca vai producir unha forte ondada que traerá cara a costa oeste da Península Ibérica ondas de ata 10-12 metros! Estaríamos falando, de cumprirse estas alturas, de niveis de aviso vermello en gran parte da costa Galega. Esta combinación de ventos fortes e ondas moi altas pode provocar moitos problemas.

Polo tanto, temos por diante unha fin de semana complicada por chuvia e vento, pero xa digo, o Domingo e especialmente a madrugada será o momento máis complicado do temporal porque será cando a borrasca Félix, xa profunda, pase moi preto do noroeste Galego, producindo refachos de máis de 100 km/h e chuvias intensas con acumulados que se poden ir aos 100 l/m2 en 24 horas nas zonas abertas ao vento do suroeste. Pero antes de Félix, temos o episodio de vento forte desta vindeira noite que virá con chaparróns e algunhas treboadas.

Ata cando seguiremos con chuvia?

A día de hoxe semella que isto non remataría o Domingo, xa que para a semana o réxime de vento do suroeste seguiría impactando na Península, traendo sucesivas entradas frontais con máis chuvias e tamén non hai que descartar que teñamos outro temporal de vento a mediados de semana, pero para isto queda moito e non hai nada seguro. O que parece garantizado é que esta dinámica chuviosa continuará por bastantes días!

Coma sempre, poderedes seguir a última hora deste episodio na conta de Twitter e tamén na páxina de Facebook, onde estou activo practicamente a diario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s