Como será Maio? Un breve vistazo ao que nos indican os pronósticos estacionais.

Infografías

Modelo CFSv2

Vimos de rematar un mes de Abril que tivo de todo e que se caracterizou pola súa gran varabilidade, algo propio desta época do ano, na que as masas de aire frío aínda chegan ao sur de Europa pero o aire cálido xa vai pedindo paso dende latitudes sureñas. Un mes que comezou moi húmido pero que na súa 2ª quincena se veu marcado pola presenza, bastantes días, do anticiclón que favoreceu días secos e temperaturas cálidas para a época do ano, chegando case a ¡35ºC! en Remuiño (Ourense).

Cambiamos de mes, e botamos un breve vistazo ao que nos indican os diversos pronósticos estacionais. Cabe resaltar, coma sempre nestos casos, que son pronósticos en fase experimental e non os hai que tomar ao pe da letra. De momento, a súa fiabilidade non é moi alta e hai que tomar estas prediccións como unha POSIBLE tendencia sobre o que finalmente pode acontecer.

Se atendemos ao modelo CFSv2, o máis usado para estes pronósticos, vemos como prevé un mes de Maio con moita actividade no ámbito meteorolóxico. En canto a precipitacións, a anomalía sería positiva na maior parte da Península Ibérica, incluíndo Galicia, polo que as chuvias estarían por riba do normal, sendo, seguramente, un mes caracterizado polas treboadas, típicas desta época, no territorio Español.

En canto ás temperaturas, estarían por debaixo do normal en boa parte de España, pero especialmente no suroeste do país, polo que seguramente estaríamos falando de bastantes entradas de aire frío, provocando descensos térmicos e inestabilidade. Pero, ollo, que a tendencia indique que Maio pode ser máis frío do normal, non quita que non faga calor, por suposto que poderemos ter episodios de temperaturas elevadas, pero en principio non sería a tónica dominante.

E, de momento, as primeiras xornadas de Maio as temperaturas aínda serán frescas, con chuvias xa dende esta tarde-noite e mañá Mércores tipo chuvasco. Será na 2ª metade da semana cando as altas presións gañen terreo e nos traian de novo tempo seco e ascenso das temperaturas a máis de 20-25ºC.

Tanto na conta de Twitter coma de Facebook que teño dispoñible estaredes informad@s a diario do que o tempo nos vaia presentando e das últimas actualizacións dos modelos e pronósticos, tanto para Galicia como para o resto da Península Ibérica.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s