Recta final de semana con ascenso das temperaturas e chuvascos no interior

Captura

Imaxe de satélite visible das 12:00 UTC do Xoves 5 de Xullo. Moita nube baixa no norte.

É, seguramente, dos temas máis comentados nas últimas xornadas, onde está o Verán? Dende que comezou o Verán meteorolóxico, alá polo 1 de Xuño, só tivemos un episodio de calor a mediados do pasado mes, o resto do tempo, en maior ou menor medida, estivemos influenciados pola presenza de pequenos centros de baixa presión que se situaban moi preto da Península e que, a parte de inestabilizar a atmosfera con chuvascos e treboadas, que están a ser a tónica dominante no interior Galego, tamén nos traen temperaturas frescas para a época do ano, xa que o vento do oeste arrastra aire húmido e fresco procedente do mar.

Xa o comentei nesta publicación da páxina de Facebook, o patrón está a ser anómalo nas últimas semanas. O pasado mes de Xuño resultou claramente húmido na comunidade, con chuvias por riba da media, así como tamén as temperaturas, as cales estiveron lixeiramente por riba do normal. A primeira quincena foi fría, pero a chegada da calor na recta final de Xuño provocou que as temperaturas superaran os valores normais nalgunhas zonas. Por exemplo, na cidade de Ourense, a media das temperaturas máximas rexistradas na primeira metade de Xuño foi de 22,2ºC, mentras que na segunda metade o mes, xa subiu a 30,6ºC. Datos que falan da clara diferenza entre o comezo e o final de Xuño.

Un patrón anómalo

Rean

Reanálise da anomalía do xeopotencial a 500 hpa (5500 metros de altitude) do pasado mes de Xuño

A configuración atmosférica nas últimas semanas ven marcada pola presenza dunha rexión de altas presións en latitudes máis altas do normal, rondando as Illas Británicas. Isto vese ben na imaxe da esquerda, que mostra a reanálise xa anomalía do xeopotencial a 500 hpa (5500 metros de altura) do pasado mes de Xuño. Vemos como as cores cálidas abondan en gran parte do continente Europeo pero especialmente en Inglaterra, isto indica presenza de altas presións nesas zonas. Pola contra, o sur de Europa, viase continuamente afectada polo paso de pequenas borrascas e tamén por DANAS (Depresións Aisladas en Niveis Altos). Ese anticiclón en latitudes altas, e un anticiclón das Azores con pouca forza e relegado ao oeste, permitían o paso destas pequenas borrascas que ían parar directamente á Península, con episodios de calor, si, pero de curta duración, xa que axiña chegaban as chuvias e o tempo máis fresco.

Esta é a razón pola cal, de momento, a calor e o bo tempo non ten continuade. O anticiclón das Azores, non ten forza e semella que seguirá habendo unha rexión de altas presións na mesma zona que as últimas semanas, co cal, en principio, a calor, de vir, non duraría moitos días.

Recta final de semana con chuvascos no interior Galego

Probabilidade

Probabilidade de chuvia según o modelo WRF dende o Xoves 5 ata o Domingo 8 de Xullo.

Pouco a pouco iremos recuperando a influencia anticiclónica, pero non de todo. As altas presións en superficie xa as teremos, pero en altura seguirá habendo pequenas bolsas de aire frío en altura que, de novo, provocarán un ambiente idóneo para a formación de nubes de evolución a partir do mediodía que darán lugar a chuvascos e treboadas no interior de Galicia.

Na imaxe da esquerda vemos a probabilidade de chuvia estimada para hoxe Xoves, mañá, Sábado e Domingo na comunidade Galega. Fixádevos como o modelo sinala probabilidade alta de chuvascos en case calquer punto do interior tanto mañá como pasado, xa que o Domingo, de haber chuvascos, serían máis locais que Venres e Sábado. Tamén observamos outros detalles, como practicamente toda a costa se libra excepto, coma case sempre, a Mariña Lucense, onde as precipitacións non serán convectivas, é dicir, non tronará nin choverá con forza, pero as nubes que reterá o nordés poderán deixar orballos.

Previsión

Pronóstico para a fin de semana

Polo tanto, cabe agardar unha recta final de semana con chuvascos e treboadas no interior, especialmente intensos o Sábado, cando está activado un aviso AMARELO no interior de Pontevedra, sur e montaña de Ourense e montaña de Lugo por parte da AEMET por chuvias de ata 15 l/m2 nunha hora e tamén por treboadas. Estes chuvascos non chegarán á costa e polo tanto no litoral a situación será tranquila, con poucas nubes nas Rías Baixas, pero onde podería chegar xa algo de brétema costeira. Na metade norte o nordés acumulará máis nubes na Mariña, onde como xa comentamos, as nubes baixas deixarán algúns orballos.

As temperaturas irán subindo cada día un chisco máis, ata o Domingo que será a xornada de máis calor da semana, cando se superarán os 30ºC no centro e sur de Galicia e os 25ºC tamén no norte, agás na Mariña onde a presenza de nubes e o nordés manterán a raia os valores máximos da xornada.

Tanto na conta de Twitter coma de Facebook que teño dispoñible estaredes informad@s a diario do que o tempo nos vaia presentando e das últimas actualizacións dos modelos e pronósticos, tanto para Galicia como para o resto da Península Ibérica.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s