Fortes treboadas no interior de Galicia na fin de semana

Xa o viñamos comentando,tanto o Venres coma o Sábado foron xornadas moi activas en practicamente todo o interior de Galicia debido á presenza de aire frío en altura e unha DANA (Depresión Aislada en Niveis Altos) situada ao oeste da Península, fronte a Portugal. A diferenza de temperatura entre os niveis altos e a superficie (viñamos de xornadas de calor), favoreceu a formación de potentes nubes de treboada que descargaron con intensidade en moitos puntos do interior da comunidade, aínda que, como acostuma acontecer nos episodios de treboadas, a precipitación é moi irregular, xa que non se tratou de convección organizada.

O Venres pola mañá a situación era moi tranquila, con ceo moi aberto pero con néboas en zonas do interior e tamén na costa onde pouco a pouco se foron retirando co avance da mañá, quedando aínda así un ambiente brumoso e fresco. Pasado o mediodía as treboadas comezaron a formarse en Ourense e especialmente tamén na fronteira de dita provincia coa de Pontevedra. Seguramente a brisa mariña foi a culpable de que as treboadas foran tan intensas no límite entre Pontevedra e Ourense, na zona do Paraño, Dozón.. etc, xa que provocaron converxencia de ventos e, por suposto, o vento do oeste supuxo un aporte extra de humidade ás treboadas, facendoas así máis intensas. Para mostra, este video onde vemos como unha forte saraibada (con pedrazo) caía en Dozón sobre as 17:00 da tarde de onte, onde mesmo os coches que circulaban por alí tiveron que parar na estrada, habendo cortes de circulación incluso.

Pouco antes, sobre as 16:45h, a cidade de Ourense viase sorprendida por unha efímera pero intensa treboada que, aínda que non deixaría moito acumulado de precipitación, si descargou pedrazo de gran tamaño durante uns minutos, tal e como podemos ver nesta imaxe:

Finalmente, os datos de precipitación máis altos o Venres foron para a comarca de Trives, onde se acumularon en, A Pobra de Trives, 29,6 l/m2, sendo 25 l/m2 en tan só unha hora, intensidade moi forte, seguido de San Xoan de Río, tamén na comarca de Trives, con 21,5 l/m2.

CapturaHoxe Sábado as treboadas, de novo, fixeron acto de presenza con chaparróns en numerosos puntos de Lugo, Coruña, e con menos frecuencia e intensidade na provincia de Ourense. Arestora, ás 20:00h, caeron nesta tarde de Sábado máis de 2700 lóstregos, os cales vemos concentrados no interior, repelendo a costa. O litoral estase librados destos chaparróns xa que a compoñente do vento en capas medias non é favorable para que as treboadas se despracen cara a costa, xa que son núcleos de moi lento movemento, bastante estáticos e que poden estar durante unha mesma zona moito tempo, o que provoca problemas. Ademais, no litoral, a brisa mariña e a presenza de nubes baixas inhibe calquer intento de convección (formación de nubes de treboada), xa que non hai suficiente enerxía.

A situación pouco a pouco vaise ir tranquilizando a partir e mañá, con treboadas que van ir indo a menos e quedando máis relegadas ao extremo máis oriental de Galicia na xornada Dominical.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s