Os efectos do nordés en Galicia

image-download

Imaxe do satélite TERRA. 7/7/2018

É unha compoñente de vento das máis habituáis e típicas en Galicia. O nordés, especialmente no Verán, acostuma afectar a toda a comunidade debido ao posicionamento do Anticiclón no Cantábrico, o que instaura unha circulación desta dirección do vento que afecta a Galicia de cheo, pero non a tódalas zonas por igual, tal e como xa sabedes, xa que hai unha gran diferenza entre o norte e sur da comunidade.

-A Mariña Lucense, o «fogar» das nubes baixas e do tempo fresco.

O extremo norte de Lugo, así como tamén algunhas zonas da parte máis norte da provincia Coruñesa, con circulación do Nordés vense sumidos baixo unha densa capa de nubes baixas «estratos»  nos meses de Verán. O nordés alí é un vento marítimo e chega a terra cargado de humidade, favorecendo a formación de nubes baixas que mesmo en moitas ocasións tamén chegan a deixar orballos, e, tamén, como non, con tempo fresco xa que este vento, ao chegar directamente do Cantábrico, non trae calor, senon mais ben todo o contrario, valores de temperatura máxima moi discretos, non así nas mínimas xa que ao estar o ceo toldado, as temperaturas, pola noite, non baixan moito, tendo así moi pouca amplitude térmica (diferenza entre a temperatura máxima e mínima acadada nun día).

Estas nubes baixas non acostuman a penetrar moitos quilómetros terra adentro na provincia de Lugo, xa que a Serra do Xistral, unha serra con máis de 1000 metros de altitude máxima nalgúns puntos que actúa de pantalla ante as nubes e brétemas que chegan dende o Cantábrico, aínda que non é raro ver como cando o sol xa vai perdendo forza, a partir de media tarde, as nubes baixas gañan terreo, mesmo chegando ao límite coa provincia de Pontevedra.

mapa02

Frecuendia de ceos despexados na Península Ibérica. Fonte: SOLENER

É, debido a isto que veño comentando, polo que a rexión da Mariña Lucense, e máis concretamente a Serra do Xistral, sexan das zonas da Península Ibérica con menos horas de sol anuais e con menor frecuencia de días despexados, tal e como vedes no mapa da esquerda, mesmo, atendendo a dito mapa, podemos dicir que a Serra do Xistral é o lugar con menor frecuencia de días despexados e con menos hora de sol de Iberia. Fixádevos, ademais, como os grandes sistemas montañosos do país actúan de barreira tamén coma a Serra do Xistral, xa que vemos unha gran diferenza, por exemplo, entre a cara norte e sur dos Pirineos, así como tamén na Cordilleira Cantábrica. Resulta curioso tamén ver como o Mediterráneo, incluíndo a costa, ten tamén moitas horas de sol pero por contra en Galicia temos moitas menos, incluíndo tamén o litoral, isto pódese deber á maior frecuencia do vento do oeste/suroeste, xa que á  circulación xeral, ca os ventos do leste, que son os que lle aportan humidade e os que lle acostuman traer as chuvias máis fortes á marxe Mediterránea Ibérica.

-Nas Rías Baixas, todo o contrario.

20248461_1089590717838117_8516810024524926796_o

Infográfico sobre a diferenza que provoca o nordés en Galicia. Elaborado por: David Domínguez

Efectos dunha circulación de nordés típica en Galicia. Gráfico por: David Domínguez

Como veño de escribir en liñas superiores, o Nordés non afecta a tódalas zonas da comunidade por igual, hai unha gran diferenza entre o norte (concretamente a Mariña) e o sur de Galicia, e esta diferenza vese mellor comparamos coas Rías Baixas. No Verán, cando temos un centro de altas presións no Cantábrico, este impulsa aire cálido polo oeste da Península Ibérica, chegando tamén ao noroeste e , por suposto, a Galicia. Instaurase, así, unha circulación de vento do nordés coa que tódolos Galegos e Galegas estamos familiradizad@s.

Nas Rías Baixas, o vento do nordés acostuma traer tempo seco, solleiro e cálido. Por qué hai tanta diferenza entre a Mariña e esta zona? Moi simple, á Mariña Lucense o vento chega directamente dende o mar, cargado de humidade e de frescor marítimo, pero pola contra, ás Rías Baixas o nordés chega tras atravesar boa parte de Galicia, perdendo toda a súa humidade que tiña antes de atravesar o Xistral, e tamén a súa «frescura», xa que se se quenta, e isto recibe un nome: EFECTO FOEHN ou EFECTO FÖHN.

E a qué se lle da exactamente o nome de efecto foehn? Acontece cando unha masa de aire húmido se ve obrigada a ascender unha montaña, enfriándose e condensándose, formando nubes na ladeira, neste caso, norte, no norte do Xistral. Por contra, na ladeira contraria, a sotavento, a situación é radicalmente distinta, xa que o aire seco comeza a descender moi axiña pola ladeira sur, perdendo humidade e aumentando a súa temperatura. Por isto, mentras en Burela, por exemplo, ás 14:00h se pode estar dando unha temperatura máxima de 17ºC, na outra punta de Galicia, en Vigo, podemos estar pasando dos 33ºC sen complicacións debido a este nordés que chega con moi pouca humidade e moi quente, e moitas veces, ademais, soprando con gran intensidade. É algo moi habitual e típico do Verán Galego.

Unha situción típica de calor e nordés de pouca duración sería a seguinte:

  • Día 1: Tras uns días de inestabilidade, o anticiclón vai gañando forza pero «pelexando» aínda coas baixas presións, isto provoca un gradiente de presión bastante marcado que nos trae vento moi forte do nordés que mete os estratos moitos km terra adentro dende o Cantábrico, con tendencia a romperse ao longo do día quedando xa despexado no sur de Galicia.
  • Día 2: O nordés segue sendo intenso pero menos ca o día anterior, a calor xa é protagonista na metade sur e Rías Baixas con temperaturas que pasan dos 30ºC con vento moderado pero con refachos fortes por veces. Mentras tanto, no norte e na Mariña as nubes baixas e os valores máximos máis discretos mantéñense unha xornada máis.
  • Día 3: Van aparecendo as brisas. O vento xa non é tan forte coma días atrás e no litoral oeste as temperaturas xa descenden moi axiña a partir do mediodía trala entrada da brisa. As ISOS a 850 hpa (1500 metros de altitude), son altas, por isto as máximas pódense dar antes do mediodía con valores xa de 30ºC moi cedo, pero ao non haber unha circulación de nordés marcada, a brisa gaña terreo. Por contra, tanto no interior coma no extremo norte, o nordés xa non é tan forte e o vento de dirección máis variable provoca un aumento das temperaturas nas zonas onde os días anteriores os valores foron máis baixos.
  • Día 4: As máximas volven descender tamén no extremo norte e interior debido ao afastamento da masa de aire cálido, que está sendo substituída por aire fresco e húmido marítimo con vento do noroeste que trae nubes e algúns orballos ao extremo norte.

A situación oposta é cando temos vento do oeste-suroeste que carga de humidade practicamente toda Galicia agás a Mariña, xa que é alí onde este vento tras atravesar toda a comunidade, chega con moi pouca humidade e aumentando moito a temperatura en comparación ao resto das zonas. Como vedes, tremendas diferenzas as que otorga esta compoñente de vento entre o norte e o sur de Galicia!

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s