Do «Veroño» ao tempo Invernal

7711_gll1

Infografía basada no modelo GFS. Mapa para o vindeiro Sábado 27, configuración clásica de nortada.

Outubro, de momento, divídise en 3 partes. Unha primeira, na que a protagonista foi a forte calor de comezos de mes, cando as temperaturas acadaron valores de máis de 30ºC en moitos puntos, rexistros máis altos do normal pero que tampouco chegan ao carácter de excepcional, xa que non é raro ver valores así na recta final do Verán. Unha segunda metade, marcada polo descenso marcado das temperaturas e a chegada das precipitacións a mediados de mes, co acontecemento da chegada dos restos do furacán LESLIE á Península, onde os efectos foron especialmente notorios na costa centro de Portugal, con refachos de máis de 170 km/h. E unha terceira metade, que estamos tendo agora mesmo, cun novo periodo anticiclónico e un repunte das temperaturas a valores xa moi altos para a época, e as Rías Baixas foron as que máis notaron este ascenso térmco. Na estación de Pontevedra-Campolongo, no centro da cidade, chegaron a marcar máis de 30ºC o Martes, por exemplo, un valor xa moi alto para estar na recta final de mes.

Pero semella que Outubro quere ter unha cuarta parte, en canto ao meteorolóxico se refire, e esta comezará a partir de hoxe pola noite. Tras varios días de sol, tempo seco, e calor, mañá será unha xornada totalmente distinta ás que vimos de ter. As pezas atmosféricas configúranse para  formar unha configuración de nortada de libro. Por un lado, teremos un forte anticiclón no Atlántico, relativamente lonxe da Península como para deixar que, no oeste Europeo, é dicir, polo flanco leste do anticiclón, se deslice unha rexión de baixas presións cara o Mediterráneo. Debido á rotación horaria das altas presións e a rotación antihoraria das borrascas, formarase un auténtico pasillo de aire frío polar ártico que irá parar directamente ao país, coa chegada da isoterma, a 1500 metros de altura, -3ºC e mesmo non se descarta que nalgúns puntos concretos chegue a -4, pero estamos a falar de que aínda non é Novembro, sen dúbida é unha entrada fría moi, moi destacable para a época na que estamos, xa que tal e como este mes tivemos temperaturas por riba do normal moitos días, agora estaremos con valores moi por debaixo do habitual nesta época!.

850temp_anom_120

Anomalía da temperatura a 850 hpa prevista para o Sábado 27 de Outubro.

Para que teñades unha idea da «rareza» das temperaturas que imos ter os vindeiros días para esta época, nada mellor que acudir a un mapa de anomalías da temperatura a 850 hpa (1500 metros de altitude) previsto para o vindeiro Sábado 27 de Outubro.

 

Vemos como a descarga fría no occidente Europeo é bastante potente, e hai anomalías de ata 10/12ºC por debaixo do normal, e incluso algo menos nalgunhas zonas. Pola contra, no centro/leste do continente, a situación será radicalmente distinta, con valores por riba do normal.

A cota de neve, comezará o Sabado rondando os 1000 metros pero irá baixando e xa na noite as folerpas poderanse ver en cotas por riba dos 700-800 metros, máis baixa canto máis ao leste e norte nos encontremos, xa que semella que a parte máis fría da bolsa de aire frío pasará polo interior de Galicia, chegando mesmo a ter temperaturas de -32ºC a unh alautra de 500 hpa (5500 metros), o que favorecerá que os desplomes, alí onde caia o chuvasco (chuvascos que serán máis probables e intensos na metade norte) poida ser bastante forte e mesmo provocando saraiba e tamén algunhas treboadas. A zona con menor cantidade e probabilidade de chuvia será o suroeste de Galicia, xa que alí, as nubes, que veñen do norte, chegarán xa máis gastadas, máis secas, tras descargar no seu camiño cara alí, polo que o sur da provincia de Pontevedra será a que menos precipitación rexistre pero, iso si, do frío e do vento intenso non se librará ningunha parte.

E tras este episodio de baixas temperaturas, qué?

2018102500H120_SP00_SFC

Mapa de presión en superficie+precipitación+nubes previsto para o vindeiro Martes ás 06:00 polo modelo GFS

Todos os modelos están dacordo e que trala irrupción fria da fin de semana, a partir do Luns, o anticiclón retirarase aínda máis, situarase máis lonxe da Península Ibérica e iso favorecerá que as baixas presións teñan via libre para achegarse, dende o Atlántico, ao país. Aínda non está moi claro como nos van afectar, xa que non hai ningunha gran borrasca, é dicir, non hai un centro de baixas presións moi amplio, que sexa boa e sinxela de pronósticar, senon que serán, en principio, pequenas borrascas dentro dunha rexión amplia de baixas presións, e que sexan máis pequenas complica o pronóstico xa que a traxectoria podería variar e, dependendo de onde se sitúen, choverá máis ou menos.

O que parece claro é que na noite do Luns ou o Martes chegará unha fronte que xa regará ben a comunidade con acumulados de máis de 10-20 l/m2, despois, non está claro como van evolucionar as borrascas, pero semella que a situación seguirá sendo de inestabilidade e ambiente frío, un tempo propio da época..

Coma sempre, poderedes seguir a última hora deste episodio na conta de Twitter e tamén na páxina de Facebook, onde estou activo practicamente a diario.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s