Situación Atlántica en camiño: sucesión de frontes e chuvias

meteosat-msg_airmass_overlay-ne_10m_coastline_overlay-ne_10m_admin_0_boundary_lines_land

Imaxe de satélite das masas de aire na mañanciña do Mércores 12 de Decembro

Este mes de Decembro está vindo marcado pola ausencia de períodos de frío propio da época do ano. O anticiclón, que colleu forza e está anclado ao sur Peninsular, non permite que teñamos entradas de vento do norte nin unha circulación máis meridional. Pero tampouco é nada raro, neste mes é habitual que a circulación zonal, de oeste a leste, colla forza e Decembro sexa un mes anticiclónico en boa parte da Península agás, coma case sempre, no extremo norte e especialmente no noroeste Peninsular, e como consecuencia, en Galicia.

Con este tipo de configuración, á comunidade Galega chéganlle sempre ventos do oeste, húmidos pero moi temperados, mantendo as temperaturas moi suaves pero traendo moita humidade, nubosidade, e chuvias/orballos que se poden manter moitos días no prelitoral de Coruña e de Pontevedra, que é onde se están dando os maiores acumulados de chuvia ata o momento, algo normal, por outra parte, xa que nestas zonas a orografía exprime ata a última gota.

Polo tanto, temos unha loita entre as altas presións, que se sitúan fortes pero algo relegadas ao sur, e as baixas presións que circulan ás súas anchas por todo o Atlántico, con auténticos borrascóns que, aparte de traer chuvia e vento, tamén provocan mar de fondo moi importante, con ondas de ata 7 metros de altura na costa Galega. Nesta «loita», aínda que as borrascas pasen moi lonxe da Península Ibérica, en Galicia, se temos circulación do suroeste, xa chove na marxe Atlántica, e ademais son chuvias que poden ser persistentes e moderadas nalgunhas zonas, pero son precipitacións que non veñen con frío, xa que o vento do sur empurra aire máis cálido cara nós.

Qué podemos agardar nos vindeiros días?

Acumulados previstos polo modelo GEM ata o vindeiro día 21 de Decembro.

Como ben dí o título deste artigo, nos vindeiros días a situación estará marcada pola inestabilidade, o típico «tempo Atlántico» de toda a vida, con borrascas profundas no Atlántico que, aínda que se situarán lonxe, o seu radio de acción será moi grande e polo tanto Galicia quedará con réxime de vento do suroeste que se encargará de traer humidade e temperaturas, iso si, aínda que suaves, con ascensos e descensos entre fronte e fronte.

A animación superior mostra as chuvias previstas nos vindeiros 10 días, ata o día 22. Galicia será a comunidade máis afectada, polo que vimos comentando. A sucesión de frontes irá entrando, unha tras outra, e irán descargando precipitacións que ao remate do período, no prelitoral de Coruña e Pontevedra, acumularán máis de 200-250 l/m2 en moitos puntos desas zonas, nada forma do normal pero cantidades altas en todo caso. De momento, iso sí, non se vislumbra ningún temporal de vento de importancia, pero isto haino que seguir día a día, xa que pode xurdir algunha borrasca moi pequena a poucas horas vista que faga aumentar moito a intensidade do vento. De isto, coma sempre, seredes informad@s tanto na páxina de Twitter coma en Facebook.

Tendencia prevista polo modelo ECMWF ata o día 23 de Decembro

E as tendencias indican isto que veño comentando. Na imaxe da esquerda podemos ver a tendencia húmida que modeliza o modelo Europeo ata, polo menos, o día 23. As cores azuis indican chuvia por riba do normal, mentras que as cores laranxas avisan de tempo máis seco e escasa presenza de chuvias. Vemos como boa parte do oeste Peninsular se encontra con esas anomalías húmidas, pero especialmente o suroeste de Galicia. Outro sinal que nos indica que o patrón dominante serán os ventos do sur son as anomalías secas do Mediterráneo, así como tamén que non haxa sinal clara no Cantábrico. Alí os ventos do sur chegan secos, pero neste último caso, no Cantábrico, sempre hai que agardar que pase algunha fronte ou chuvascos.

Polo tanto, mediados de Decembro con patrón claramente de sur, as borrascas que circularán polo Atlántico afectarán a Galicia coas súas frontes e chuvias asociadas, con vento e por suposto, tamén con mar de fondo. A primeira fronte activa? Esta mesma noite, choverá con forxa na marxe Atlántica e, tralo paso da fronte, chegará unha masa de aire frío que fará descender os termómetros e a cota de neve mañá Xoves, arredor duns 900 metros, de feito, xa está activado un aviso amarelo por espesores de neve na montaña de Lugo e Ourense.


Se queres estar informad@ da última hora deste episodio e, en xeral, da última hora do tempo, estou en Twitter e tamén en Facebook!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s