
A orografía de Galicia é moi complexa, con múltiples montes que rodean zonas moi baixas. É habitual ir por unha zona digamos, máis ou menos chá, e aos lados ter montes de máis de 500 ou 600 metros. Esta orografía e relieve tan abrupto ten moito que ver na distribución das chuvias en Galicia, con grandes contrastes, tanto térmicos coma pluviómetricos, entre unhas zonas e outras podendo toparse a menos de 5 km de distancia, por exemplo.
Supoñamos agora que Galicia fose chá, con case ningún monte, algo estilo á meseta. Se fose así, a media de acumulado de chuvia anual sería moito máis homoxénea, non habería grandes contrastes xa que a nubosidade non toparía case ningún obstáculo onde «exprimir» chuvia, e circularía libremente pola comunidade. Para que entendades ben isto que estou comentando, vaiamos ao caso do que acontece no norte de Lugo cando temos nordés, un efecto que explico detalladamente neste artigo.
Cando temos nordés, no Verán, a única zona de Galicia que recibe moita humidade, ten moitas nubes baixas, temperaturas moi frescas e mesmo ata orballos, esa zona é a Mariña Lucense, e neste caso, a orografía ten moito que ver no sentido de que as nubes de retención non vaian máis alá do Xistral durante o día. É moi habitual ver na imaxe de satélite toda Galicia con ceo despexado agás na Mariña con nubes que non son capaces de superar a barreira do Xistral. Como son nubes baixas, tipo «estrato» quedan retidas na parte Norte de dita serra, xa que esta ten alturas de máis de 1000 metros. Qué pasaría, entón, se en lugar de existir o Xistral, houbera unha zona totalmente chá? Pois que as nbes baixas adentraríanse moitos quilómetros máis terra adentro na provincia de Lugo e tamén á provincia de Coruña. Pois isto mesmo pasa coas situación de sur/suroeste e coas chuvias.
Pero, a qué nos referimos exactamente os aficcionados cando falamos do Rías Effect?
O Rías Effect ou o «Efecto Rías» en Galego é o efecto que provocan as rías Galegas sobre as nubes e as chuvias cando temos circulación de vento do suroeste. Como xa comentei, o relieve Galego afectalle moito á distribución das nubes e das precipitacións. A presenza de montes de altitude relativamente alta a carón das rías favorece que se formen rúas nubosas que encauzan ría adentro e seguen o seu camiño cara o interior e prelitoral de Coruña e Pontevedra. Isto pasa sempre, cando temos borrascas preto e cando temos suroestes anticiclónicos, pero a diferenza apreciase mellor en situacións nas que o anticiclón está preto e as chuvias non afectan a toda Galicia, cando é así, falamos de que teremos suroestes anticiclónicos.
Os suroestes anticiclónicos acostuman a vir acompañados de masas de aire moi húmido e aire temperado. Isto trae a Galicia un ambiente térmico moi suave, cálido no extremo norte pero tamén húmido, dando unha sensación de bochorno. A masa de aire húmido e temperado, ao toparse co relieve das rías, vese obrigado a ascender debido á presenza de montes de 500-600 metros. Ao subir de altitude, enfríase, condénsase e forma nubes, formando así as rúas nubosas que seguen ata 20-25 kms terra adentro, sempre nas mesmas zonas.
Estas liñas de precipitación acostuman rexenerarse, e, de facelo, case sempre o fan nas mesmas zonas, podendo estar descargando precipitacións febles-moderadas pero persistentes durante moitas horas, mentras, pola contra, uns quilómetros ao norte ou uns quilómetros ao sur da influenza destas liñas (normalmente, moi poucos), nin se enteran da chuvia, e manteñen o acumulado a 0, mentras que nas zonas onde se ven afectados polas precipitacións o acumulado sube sen pausa.
É por isto polo que entre unha zona e outra, situadas a moi poucos quilómetros unha da outra, pode haber grandes diferenzas na media anual pluviométrica. Nos chamados vulgarmente «orinales», puntos nos que chove moito, a media anual de chuvia supera ampliamente os 2000 mm, mentras que, poñamos a 3-5 quilómetros desa zona, haberá un pobo no cal a media sexa de 1500 mm

Normalmente, cando se da unha configuración de suroestes anticiclónicos, só chove en Galicia, en ningún punto máis da Península se rexistran chuvias xa que o anticiclón está presente e con vento do suroeste as Rías Baixas é a zona que máis chuvia acumula. Sen dúbida, é un efecto moi interesante de comprender, xa que nos da unha idea de por qué nunhas zonas chove moito máis que outras estando a poucos quilómetros de distancia. É moi habitual, en situacións de suroeste anticiclónico, pasar por unha zona na que non chove e noutra, a pouca distancia, chover de xeito persistente e fino.
Como vedes, qué importante papel xoga a orografía das Rías Baixas na formación de liñas nubosas e de acumulados de precipitación! Sen dúbida, se Galicia fose totalmente chá, os acumulados serían moito máis homoxéneos e practicamente non habería diferenzas tan abruptas en tan poucos quilómetros.