Situación adversa nos vindeiros días. Chuvia, vento, neve, e mala mar

Presión en superficie e refachos de vento na madrugada do Venres 1 de Febreiro

Tras unha primeira quincena de Xaneiro marcada polas altas presións, xornadas nas que dominaron os ceos despexados, sen chuvias, con temperaturas máis ou menos agradables durante o día pero con fortes xeadas polas noites, esta 2ª quincena de mes está sendo xa máis movida con entrada de frontes que, agás a de hoxe, de momento non foron moi activas e deixaron, en xeral, pouca cantidade de chuvia.

Pero isto vai cambiar nunhas horas. O anticiclón das Azores desprázase cara o oeste e debilítase, permitindo que unha gran rexión de baixas presións se achegue á Península, situándose no mar Cantábrico dende mañá ata o vindeiro Venres 1. A partir do mediodía do Mércores asistiremos a un empeoramento significativo do tempo con chuvias que irán indo a máis co paso das horas e que serán especialmente intensas na provincia de Pontevedra. Pero a borrasca máis activa chegará o Venres. Pasearase polo Cantábrico e traerá, con ela, moito aire frío en altura. Empeoramento significativo do estado mar, chaparróns fortes, moito vento e ollo, tamén neve.

Na animación da esquerda podemos ver as chuvias que prevée o modelo WRF ata o vindeiro Sábado ás 00:00, animación que mostra os acumulados de 24 en 24 horas. Vemos como entre a tarde do Mércores e a mañá do Xoves se acumulará bastante auga no interior de Pontevedra especialmente, e tamén nas zonas altas, onde se poderán acumular, en 24 horas, máis de 80 l/m2. Chuvias persistentes e por momentos intensas as de mañá, con refachos tamén do suroeste por veces fortes. Na xornada do Xoves irase achegando a borrasca que comentaba anteriormente e a partir da tarde as chuvias iranse facendo máis intermitentes pero chegarán en forma de chaparróns moi intensos que continuarán toda a madrugada e na xornada do Venres, chaparróns que virán con saraibadas e treboadas por momentos.

Altura de onda prevista para o Venres ás 12:00h

Debido á presenza desa gran rexión de baixas presións no mar Cantábrico o Venres, non só empeorará o tempo en terra, senon tamén no mar, e ademais farao dun xeito moi significativo. Agora mesmo, plantéxanse alturas de onda que poderían superar os 9 metros de altura, tal e como vedes no mapa, no oeste de Galicia, mar de fondo do noroeste que xunto co mar de vento, provocarán unha situación bastante severa, non sería raro que finalmente se active o aviso vermello por mar de fondo, xa que promete ser un período bastante adverso.

Tamén haberá que estar pendentes da neve o Venres, xa que, aínda que en capas medias non vaia entrar moito frío, en altura sí, e unido a xeopotenciais baixos, poderíase ver o branco elemento por riba duns 600-700 metros, e como os chaparróns serán intensos, non sería raro ver nevar por debaixo desa cota, debido ao arrastre de aire frío dende a parte alta da nube coa forza do desplome nas precipitacións, pero de tódolos xeitos sería algo puntual.

Polo tanto, temos dous momentos clave, aos que prestar atención:

  • Nun primeiro momento, as chuvias do Mércores-Xoves, que serán intensas, persistentes a partir do mediodía e que acumularán unha importante cantidade de auga no interior de Pontevedra e tamén en zonas altas da comunidade, pasando dos 80 l/m2 en 24 horas, cantidade a ter en conta.
  • A chegada da borrasca con moito aire frío en altura a partir da noitiña do Xoves tras unha breve tregüa. As chuvias volveranse intermitentes pero ollo, máis intensas. A borrasca, como trae moito aire frío en altura, permite que as nubes teñan gran desenvolvemento vertical. Durante a madrugada e a xornada do Venres os chaparróns serán fortes, con saraiba e treboadas, e ademais acompañados de fortes refachos de vento. Neve a partir dos 600-700 metros e moi mala mar, ondas de máis de 8-9 metros de altura, situación adversa, tanto na costa coma en terra, polo tanto moita precaución.

Se queres estar informad@ da última hora deste episodio e, en xeral, da última hora do tempo, estou en Twitter e tamén en Facebook!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s