Remiten as chuvias, chega o anticiclón

Imaxe de satélite visible das 9:00 UTC do 18/8/2019

Se por algo se está caracterizando este Verán en Galicia é pola ausencia de episodios fortes de calor, polo menos ata o momento. Certo é que a temperatura media vai no agardado, no que viría sendo normal, pero moita culpa téñena as mínimas moi suaves que se están dando moitos días pola presenza de nubes que non deixan baixar moito os valores nocturnos.

Por outra banda, tamén é frecuente a chegada de frontes, de maior ou menor entidade pero que en definitiva achegan nubes, chuvias e tempo máis fresco. A verdade, non estamos a ter moitos días de praia este Verán. Xa hoxe Domingo, durante a madrugada recibimos a chegada dunha fronte que deixou acumulados de máis de 30 l/m2 no oeste de Coruña (Vimianzo) e agora estamos a ter unha xornada Dominical con apertura de claros, pero con descenso térmico. A cousa é, seguirá así isto?

Mapa previsto para o Xoves 22 de Agosto do 2019. Presión+xeopotencial a 500 hpa

O certo é que os mapas están cambiando para o que resta de mes de Agosto. A día de hoxe, durante a semana que comezamos mañá o anticiclón vaise ir aposentando na zona onde apenas o fixo este Verán, no Cantábrico. Como xa saberedes, cando se sitúa aí, o bo tempo intálase en Galicia, xa que o vento vira a nordés e o ceo abre na meirande parte da comunidade excepto, coma case sempre, na Mariña Lucense, onde este vento é marítimo e aporta humidade e temperaturas máis frescas.

Ao longo desta semana as temperaturas irán subindo paseniñamente. Será entre o Mércores-Venres cando os valores diurnos acaden o seu máximo, semella, con temperaturas de máis de 30-32ºC no sur de Galicia e con moito sol. Na fin de semana, aínda que a día de hoxe semella que non choverá, o certo é que o anticiclón perderá, temporalmente, algo de forza e iso pode facer que as temperaturas baixen pero, de chover, a día de hoxe, sería algo moi feble e tan só no extremo norte, moi pouca cousa.

Como vedes no diagrama da esquerda, que mostra a evolución das temperaturas durante a vindeira semana na cidade de Pontevedra, os valores irán recuperándose co paso dos días co pico máximo o Xoves. A partir de aí, baixarán aínda que como xa comentei unhas liñas máis arriba, semella algo temporal, xa que na seguinte semana o anticiclón pode coller folgos outra vez e traernos máis calor. Agosto quere rematar con tempo máis propio da época, e non o que levamos tendo dende o mes de Xuño. Estaremos pendentes.

Tanto na conta de Twitter coma de Facebook que teño dispoñible estaredes informad@s a diario do que o tempo nos vaia presentando e das últimas actualizacións dos modelos e pronósticos, tanto para Galicia como para o resto da Península Ibérica.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s