ENTROIDO 2020: QUÉ TEMPO FARÁ?

A verdade é que este Inverno está a ser un dos máis aburridos, meteroloxicamente falando, dos últimos anos, xa que, se quitamos as precipitacións que tivemos ata Xaneiro, que non foron especialmente intensas, a neve non fixo acto de presenza tal e como correspondería, non houbo nada destacable en canto a frío se refire, polo menos de momento, xa se sabe que, ata o 40 de Maio non te quite-lo saio!

O certo é que chegan as datas agardadas por moit@s, o Entroido, que en Galicia se vive dunha forma especialmente intensa, sobretodo no triángulo máxico de Xinzo de Limia-Verín-Laza, onde, aínda que levan xa practicamente un mes de celebracións, os días grandes, así como noutras grandes vilas galegas, chegan agora, e todo o mundo comeza a mirar o ceo. Quedan atrás semanas de moito traballo preparando disfraces, traxes, que saen a relucir agora.

VENRES, SÁBADO E DOMINGO

Mapas de símbolos previstos para a fin de semana

O certo é que tralas chuvias moi febles que estamos a ter nesta tarde de Xoves na metade norte de Galicia, que están a deixar acumulados e rexistros moi pobres, a partir desta mesma noite o antciclón volverá afianzarse e teremos influenza plena del durante toda a fin de semana, con temperaturas practicamente Primaverais. O Venres pola mañá aínda haberá algunhas nubes arrastradas polo vento do nordés na Mariña, pero deberían ir desaparecendo pola tarde para quedar o ceo practicamente despexado, como no resto de Galicia, onde no sur as máximas, mañá Venres, xa superarán os 16-17ºC.

Pasamos xa á fin de semana. Plena influenza anticiclónica e moito sol en toda Galicia. Anticiclón pero sen circulación do nordés, vento moi frouxo e variable, ceo sen nubes en toda Galicia, tanto o Sábado coma o Domingo, aínda que a primeiras horas, nas zonas chás, podería haber brétemas, pero que axiña tenderían a desaparecer. En canto ás temperaturas, as máximas superarán os 19-20ºC no centro e sur de Galicia nos dous días, valores Primaverais con mínimas que tampouco serán especialmente baixas. Polo tanto, fin de semana de entroido para disfrutalo ao aire libre, tal e como se merece, xa que as condicicións meteorolóxicas non serán unha excusa.

LUNS, MARTES E MÉRCORES

Animación de chuvias prevista para o Martes 25 de Febreiro.
Modelo ECMWF

Co comezo de semana o anticiclón vai ir perdendo forza e, aínda que Luns non choverá, xa notaremos como as temperaturas non van ser tan elevadas como na fin de semana, así como tamén o ceo estará máis tapado e cuberto de nubes que anuncian algúns cambios de cara a xornada do Martes.

Cambios que o Martes chegarían en forma dunha fronte que, a día de hoxe, non semella que vaia ser moi activa pero si que estaríamos falando dun martes gris con precipitacións febles e un descenso das temperaturas máis marcado. Serían chuvias pasaxeiras xa remataríamos o Entroido, o Mércores, con nubes pero sen precipitacións e, de caer, serían moi pouca. Isto a día de hoxe, claro. Recordade que queda unha semana e en meteoroloxía estamos falando de moitos días para dicir algo fiable, polo tanto hai que agardar. De tódolos xeitos, tanto na páxina de Twitter como de Facebook estaredes informad@s a diario de como se vaia presentando o entroido.

Recordade tamén, que veño de abrir unha nova conta en Instagram, na que se veñen moitas novidades. Porque a información e divulgación da meteroloxía, non ten porque só ser en forma de mapas con símbolos!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s