MARZO 2020 EN CAMPO LAMEIRO

O mes de Marzo en Campo Lameiro caracterizouse pola chegada de diversas frontes Atlánticas que, nos primeiros días do mes, deixando o 80% do acumulado total mensual. Así pois, nos primeiros días do mes, xa caeran 222 mm de chuvia. A persistencia e a intensidade das precipitacións, provocou que se dera ese gran acumulado en pouco tempo. O acumulado mensual foi, finalmente, de 250 mm. No resto do mes, chegou algunha que outra fronte que foi subindo a cantidade total paseniñamente, pero, como xa digo, a maior parte da precipitación mensual deuse a comezos do mes.

En canto ao espazo térmico, a temperatura media mensual foi de 11,2ºC. Sendo, a temperatura máis alta do mes, o día 18 con 23,6ºC. A temperatura mínima máis baixa deuse o día 31, con 2,7ºC, debido á entrada dunha masa de aire frío continental que fixo que rematáramos o mes con ambiente moi frío para a época.

En canto á distribución da dirección do vento durante todo este mes, a dirección dominante foi o nordés, cun 10,4%, mentras que o WNW (oeste-noroeste), sigueo de segunda posición. Pola contra, os suroestes e os sures encóntranse nunha posición máis baixa. Isto ven a corroborar o que comentaba sobre as chuvias de primeiros de mes. As precipitacións viñeron con suroeste, e estas, déronse, en maior parte, nos primeiros 5 días, o resto do mes, o vento dominante foi o nordés, xa que non se rexistraron moitas máis precipitacións.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s