AS NÉBOAS DE IRRADIACIÓN

Seguramente, moit@s de vós vos preguntástedes, algunha vez, o por qué da formación dos bancos de néboa durante as noites, sobretodo nos lugares baixos e chás. Isto é máis notorio nos meses Invernais, cando a humidade adoita ser maior, e temos menos horas de luz. A veces, incluso, estas néboas poden durar moito, xa non un día enteiro, senon máis!

As néboas poden ser de diversos tipos, procedo a numerar os máis típicos:

  • Néboas de advección: Moi por riba, cando unha masa de aire húmido se move sobre unha superficie fría. En Galicia témolas moito, por exemplo, no Verán, cando as brétemas costeiras estragan a xornada de praia se o nordés non é marcado
  • Néboas de evaporación: Estas son as típicas que temos sobre os ríos ou sobre os encoros a primeira hora da mañá. O vapor de auga que desprende a superficie líquida chega a unha masa de aire fría, situada por riba. Este vapor de auga condénsase, formándose así a néboa.
  • Néboa de irradiación: Esta é a que imos detallar neste artigo. Sen entrar en materia, de momento, débese ao enfriamento da capa máis cercana á superficie terrestre por medio da liberación da radiación infravermella.
  • Néboas orográficas: Moi típica en Galicia. Fórmase cando o vento empurra, ladeira arriba, cara un cumio, unha masa de aire húmido. Normalmente, a temperatura é máis baixa conforme ascendemos de latitude. Polo tanto, a masa de vapor de auga ao toparse con aire máis frío, satúrase e forma a néboa.

Pero, QUÉ É A NÉBOA?

A Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), define á néboa como a suspensión no aire de pequenas gotiñas, habitualmente microscópicas, que reducen a visibilidade a menos de 1 quilómetro de distancia. As gotiñas son tan pequenas, que nin a gravidade terrestre é quen de facelas caer, co cal quedan en suspensión. Dise que a néboa é mesta cando a visibilidade é inferior aos 200 metros de distancia.

Outros meteoros distintos son a neblina e a bruma. A neblina distínguese da néboa cando a visibilidade é superior a 1 quilómetro. A bruma, pola contra, trátase de pequenas partículas en suspensión, con humidade inferior ao 80 %. Un pequeno truco para distinguir a neblina da néboa, por exemplo, é se deixa “ver” as raiolas solares. A neblina, ao non ser tan densa como a néboa, si que permite distinguilas, as fermosísimas loairas, por exemplo.

AS NÉBOAS DE IRRADIACIÓN

Infografía sobre as néboas de irradiación aposentadas nos vales. Por David Domínguez

A infografía superior, amosa unha situación típica na que un banco de néboa moi mesta se queda pousado nun val. Neste tipo de casos, os pobos que están debaixo da néboa teñen temperatura moi fría e ceo grisáceo, mentras que, pola contra, e ao contrario do que adoita ser habitual, nas zonas altas, nos cumios e nas montañas, a temperatura é máis alta e loce o sol con ganas.

Para explicar o proceso da formación da néboa é necesario comezar polo proceso de emisión de “radiación infravermella” que ten a superficie terrestre ao caer o sol. Tódolos obxetos emiten este tipo de radiación invisible, polo día e pola noite. Neste proceso, pérdese unha cantidade importante de calor. Cando a superficie terrestre perde radiación infravermella pola noite, perde calor, e, á súa vez, enfría a capa de aire que está xusto por riba. Cando a capa de aire chega se enfría tanto que chega ao seu punto de rocío (temperatura á cal hai que enfriar o aire para que o vapor de auga que contén se condense), fórmase o orballo, cando xa temos os coches mollados a primeira hora da noite. A medida que a humidade próxima á superficie vai aumentando, o vapor de auga vaise condensando en forma de microscópicas gotiñas, primeiro temos a neblina e, nun ratiño, a néboa.

Acontece aquí a chamada INVERSIÓN TÉRMICA, como o propio nome o indica, é unha inversión da temperatura. Normalmente, fai máis frío nos altos que nos lugares baixos, pero hai veces que non. Cando estamos baixo a influenza dun anticiclón, este exerce unha gran presión sobre as masas de aire, ímolo explicar por partes. Poñamos que estamos no caso dun val:

  1. Por un lado, temos o proceso de liberación de radiación infravermella, o aire próximo á superficie, vaise enfriando.
  2. Ademais, pola noite, establécese a brisa de ladeira, un vento moi moi frouxo que baixa dende os cumios e que vai trasladando o aire frío cara as zonas baixas e, mentras tanto, o aire cálido pasa a ocupar zonas máis altas.
  3. Cando temos altas presións, estas comprimen moito as masas de aire que están debaixo. Polo tanto, a capa de aire cálido que temos xusto enriba do aire frío, actúa de tapadeira, impedindo ao aire frío liberarse xa ben entrado o día. É por isto, polo que as néboas poden durar tanto tempo nos vales do interior durante o Inverno. O anticiclón e a inversión térmica tan marcada que o aire frío non se move, e polo tanto, as néboas tampouco.

As altas presións non permiten que no aire haxa movementos convectivos (ascensos verticais do aire). Polo tanto, a capa de aire frío non se move, xa que ten unha “tapa” de aire cálido por riba. É nestas situacións cando os contaminantes sobre as cidades se ven moi ben dende unha zona alta.

Isto que veño de detallar, acontece moito, por exemplo, nas zonas chás do interior, así como nos vales do río Miño e Sil. Hai días de pleno anticiclón nos que, Lugo e Ourense non ven o sol en todo o día debido á néboa e á inversión térmica.

Animación das néboas do 31 de Decembro do 2019 en Ourense, sur de Lugo e no río Sil

Este tipo de néboas tan características e tan duradeiras, son visibles nas imaxes de satélte á perfección. Adoitan seguir case que con precisión 100% exacta, os caprichos orográficos, dos cales temos moitos ao longo de toda a xeografía Galega.

Vémolo ben no exemplo que vos poño na animación anterior. Consta de dúas imaxes, unha na que vemos maior cantidade de terreo, Ourense, o sur de Lugo, e outra na que amplío a imaxe ata os cañóns do Sil, á altura de Parada de sil e de Luintra. Observamos como a néboa se queda moi anclada no río, no estreito val que forma, seguindo o debuxo á perfección, como unha especie de zigzag.

É moi probable que ese día a néboa se mantivera ao longo de toda a xornada e non levanta, xa que estabamos baixo a influenza dun gran anticiclón, con altas presións moi marcadas e unha gran inversión térmica nesas zonas. A diferenza de temperatura, a escasos km entre unha zona con néboa e outra sen ela, pode ser moi importante!

Noutro artigo, falarei sobre o que pode provocar a néboa no Inverno, o meteoro cencellada, cando as gotiñas que contén un banco de néboa se conxelan na superficie, cando a temperatura é inferior a 0ºC, deixando unha estampa moi semellante á de unha nevarada, pero sendo un fenómeno totalmente distinto.

Para seguir a diario as novidades de Redmeteo, estou activo en Twitter e tamén en Facebook, onde tamén hai un grupo ao cal te podes unir e compartir imaxes e videos sempre que queiras. Grazas!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s