O EPISODIO DE TREBOADAS DO SÁBADO 24 DE ABRIL EN GALICIA

Lóstrego caendo no val do Lérez, á altura de Campo Lameiro. Imaxe de David Domínguez

O Sábado 24 de Abril en Galicia foi moi animado. Xa fai uns días, comentaba nas redes sociais que a segunda metade do mes de Abril podería ser máis revolta, debido á chegada de pequenos centros de baixas presións dende o Atlántico, con aire frío en altura. Iso, sempre é sinónimo de inestabilidade, pero máis nesta época. A natureza odia os desaxustes e todo tende a compensalo, por iso, cando hai grandes diferenzas entre a temperatura da superficie e a das capas altas da atmosfera, hai enerxía suficiente como para que se formen grandes nubes que den lugar a treboadas e chaparróns fortes.

A xornada comezaba xa moi animada con treboadas que se deran durante a madrugada e tamén a primeira hora da mañá en zonas do interior, como por exemplo no Carballiño, Antas de Ulla, entre outros. A partir do mediodía, as nubes de evolución fixeron acto de presenza, medrando e medrando ata descargar a primeira e intensa treboada na cidade da Coruña onde se produciron problemas debido á cantidade de auga caída en moi pouco tempo.

A tarde continuou sen grandes sobresaltos, aínda que os chaparróns sempre se formaban nunha liña imaxinaria que ía dende a serra do Cando (Cerdedo-Cotobade), ata a comarca de Bergantiños-Arteixo, máis ou menos, levando unha traxectoria dende o sueste ata o noroeste. Aínda así, eran chaparróns e treboadas locais, que pasaban moi axiña e que, fora de deixar un chaparrón forte pero moi curto, non tiñan maior consecuencia.

Todo estaba mais ou menos tranquilo ata última hora da tarde, cando unha serie de treboadas que se formara no norte de Portugal a media tarde, foi avanzando cara o norte, á vez que collía forza e se ía organizando. En vez de unha treboada como tal, eran varias xuntas, formando unha liña de chaparróns moi fortes que foi barrendo todo o oeste Galego.

Persoalmente, para min é un pracer ver e observar dende o satélite e a imaxe do radar como as nubes van medrando ata convertirse nun enorme sistema treboento, pero nada como velo cos teus propios ollos, nada como poñerse nunha zona mais ou menos alta, sempre que a treboada esté a unha distancia considerable, e observar como avanza cara ti, á vez que se intensifica, descargando raios, tronos, iluminando o ceo mentras os golpes de aire de compoñente sur procedentes de dito sistema treboento, che golpean a cara.

O sistema foi avanzando cara o norte, deixando imaxes non moi habituáis en Galicia. Víronse formacións nubosas típicas de sistemas de treboadas moi severas, como foi a formación dun espectacular arcus, unha inmensa estructura nubosa en forma de arco que se adoita situar na parte dianteira dalgunhas treboadas intensas.

Incluso dende A Estrada, Carlota envioume este espectacular timelapse no que vemos perfectamente a chegada desa liña de treboadas á vila, paréceme brutal, xa que non é nada habitual en Galicia, ver unha estructura así, tan ben formada:

A liña foise desprazando cara o norte e, unha vez máis, toda a comarca da Coruña veuse afectada por outra treboada. Chegou xa pola noite, polo que as imaxes dos lóstregos foron espectaculares. Mirade a frecuencia coa que «relampaguea» no video de Oleiros, tampouco é moi habitual en Galicia.

Finalmente, o mapa de lóstregos quedou así. As zonas máis afectadas foron a comarca de Coruña, e tamén o prelitoral de Pontevedra. Producíronse tamén treboadas no norte de Lugo, pero non tiveron nada que ver coas rexistradas no oeste Galego.

Sempre me gustou analizar e ver como finalmente sucedeu e evolucionou o episodio, é unha boa maneira de aprender. Tampouco quería rematar o artigo sen antes darvos as grazas por todo o seguemento meteorolóxico da fin de semana, para min a meteoroloxía é iso, aparte de pronosticar, tamén hai que vivila, e o seguemento e a monitorización en tempo real, para min é clave, e niso entrades en xogo tod@s vós, coa inxente cantidade de fotografías, videos e máis reportes que me fostes enviando ao longo do Sábado especialmente. Moitas grazas, de veras, isto para min xa é un soño

Xa sabedes que me podedes enviar o que queirades ao correo electrónico redmeteo1@gmail.com, se me enviades os videos ou as imaxes por aí, perderán a mínima calidade, polo que así, no caso de publicalas, veranse con boa definición.

Para seguir a diario as novidades de Redmeteo, estou activo en Twitter e tamén en Facebook, onde tamén hai un grupo ao cal te podes unir e compartir imaxes e videos sempre que queiras. Grazas!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s