
Son moitas as borrascas polas cales nos vemos afectados na comunidade Galega ao longo de todo o ano, as que nos traen as frontes e as precipitacións que serven para que Galicia sexa tan verde e a que, en termos xerais, a comunidade autónoma da Península Ibérica na que máis chove.
Pero, antes de nada, de qué falamos cando se fala de BORRASCA? Trátase dunha zona na que a presión é máis baixa ca en todo o aire que a rodea. Un centro de baixas presións actúa como un aspirador, é dicir, o aire flúe cara o seu interior e dende aí ascende, formando a nubosidade tan característica destas rexións de inestabilidade atmosférica. No hemisferio norte, o aire xira en sentido antihorario arredor das borrascas (no hemisferio sur ao contrario) e, nos anticiclóns, no sentido das agullas do reloxo.
Algunhas borrascas están lonxe, pero o seu radio de acción é tan amplio que, a veces, incluso notamos máis os seus efectos que unha que se se sitúa máis preto. Isto débese, na maior parte dos casos, á presión mínima que teñen no seu centro. Unhas son profundas, como pode ser o caso da borrasca Klaus, que afectou a Galicia entre os días 23 e 25 de Xaneiro do ano 2009. Pequena, profunda (menos de 990 hpa) e que provocou un temporal intensísimo de vento que quedará na memoria de moit@s habitantes do norte de Coruña e Lugo.
Outras, aínda que circulen moi preto, pasan sen pena nin gloria debido ao seu escaso potencial. Pero, algunha vez te preguntaches como se forman? Ímolo ver agora.

Para explicar isto, primeiro resulta necesario saber que é a «corrente en chorro». Trátase dun fluxo de ventos moi intensos, situados entre 5000 e 7000 metros de altura, que acadan velocidades de máis de 300 km/h. Este corrente de ventos bordea todo o planeta, é como unha especie de río, a veces, circula recto, a moita velocidade, pero outros, ten que atravesar meandros, e aquí é onde nos encontramos coas borrascas.
Cando a corrente en chorro se encontra con contrastes térmicos moi abruptos ou ten que atravesar un obstáculo orográfico moi marcado, isto da lugar a que, ao que inicialmente era un fluxo de aire que se desplazaba en bloque ao leste, se encontre cunha pequena anomalía que, dependendo do contraste térmico norte/sur, se vai ir amplificando, dando lugar a unha ondulación.
Aquí, debido ao xiro da pequena borrasca, o aire cálido comeza a ser trasladado cara o norte e canto máis notorio sexa o contraste térmico, máis se profundizará a borrasca. Ademais, tal e como indico na infografía superior, debido ao ascenso do aire cálido, creanse as bandas nubosas que son as que nos rematan por afectar tantas e tantas veces ao longo do ano en Galicia.
Aínda que isto explicareino en futuros artigos, unha borrasca consta de tres partes diferenciadas, unha fronte cálida, unha fronte fría, e, tras ela, unha zona de chuvascos. A fronte cálida non adoita traer máis que nubosidade de tipo baixo, estratiforme (con escaso desenvolvemento vertical) e chuvias que non son intensas. Cando chega a fronte fría si que o tempo é moito peor, xa que é aquí onde se encontra o límite entre o aire cálido e o aire frío e, debido a esa diferenza de temperatura, fórmanse grandes nubes que descagan chuvias máis intensas, acompañadas de fortes ventos. Posteriormente, como tod@s saberedes, quedamos sempre nunha zona de chuvascos intermitentes, algúns fortes e tamén con descenso térmico.

Dende fai un tempo, as axencias meteorolóxicas oficiais de España (AEMET), Portugal (IPMA), Francia (Météo-France) e Bélxica (RMI), decidiron nomear todas aquelas borrascas que, previsiblemente, poidan ter un gran impacto na poboación, como poder o caso, por exemplo, de Filomena, a comezos de Xaneiro, cunha gran nevarada que causou multitude de problemas en Madrid, entre outras moitas zonas.
Nomeanse porque, así, a comunicación coa poboación ante a posible chegada dun temporal, resulta ser moito máis fluída, xa que a cidadanía está máis atenta aos informativos cando se di que «a chegada da borrasca Filomena provocará..» que cando se pode decir, noutro caso «unha borrasca traerá chuvias..etc», digamos que, poñéndolles nome a esas borrascas, hai máis atención por parte das persoas ante o episodio adverso que se presenta. En Galicia temos casos como a borrasca Klaus, Floora, Hortensia, Ana, entre outras moitas.
Recordade que estou en Twitter, Facebook, e agora tamén en Instagram. Por medio destes tres medios, poderemos compartir comentarios, así como tamén videos e fotos, e seguir cada situación en tempo real.
Unha aperta e moitas grazas por lerme. Non dubides en compartir este artigo nas túas redes