O EPISODIO DE TREBOADAS DO SÁBADO 24 DE ABRIL EN GALICIA

Lóstrego caendo no val do Lérez, á altura de Campo Lameiro. Imaxe de David Domínguez

O Sábado 24 de Abril en Galicia foi moi animado. Xa fai uns días, comentaba nas redes sociais que a segunda metade do mes de Abril podería ser máis revolta, debido á chegada de pequenos centros de baixas presións dende o Atlántico, con aire frío en altura. Iso, sempre é sinónimo de inestabilidade, pero máis nesta época. A natureza odia os desaxustes e todo tende a compensalo, por iso, cando hai grandes diferenzas entre a temperatura da superficie e a das capas altas da atmosfera, hai enerxía suficiente como para que se formen grandes nubes que den lugar a treboadas e chaparróns fortes.

Sigue leyendo

A PLUVIOMETRÍA NO INVERNO 2020-2021 NAS PRINCIPAIS VILAS GALEGAS


A verdade é que este Inverno xa está a ser catalogado por moita xente como “dos de antes”. Aos meus 25 anos, non vivín un Inverno aínda como dos que falan os maiores, pero a verdade é que este non está a ser para nada aburrido, ao contrario, está sendo como ten que ser, movido.


O Inverno meteorolóxico comezou o 1 de Decembro e durará ata o 28 de Febreiro, incluído. Levamos un 90% del e nestas semanas tivemos de todo, frío, neve, temporais de vento, de chuvia, de mar, xeadas, pero sen dúbida o máis noticiable dos últimos días, é a gran cantidade de auga que está caendo, ímolo ver en datos. Os gráficos do comezo do artigo, dispoñibles na páxina de AEMET , amosan a evolución da chuvia acumulada no Inverno presente (liña vermella) xunto coa media do acumulado en ditas semanas entre os anos 1981-2010, gráficos de Coruña, Lugo aeroporto, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e aeroporto de Vigo.

Sigue leyendo

A SEMANA COMEZARÁ CON CHUVIAS

Imaxe do satélite visible das 14:30 h deste Domingo.

Xa se lle escoita a moita xente dicir que este Inverno está a ser coma os de antes, moi variado, con frío, chuvias, xeadas, sol, nevaradas, temporais de vento e de mar, vamos moi entretido meteoroloxicamente falando. E sí, o certo é que dende aquel primeiro episodio de nevaradas que tivemos o 4-5 de Decembro, a meteoroloxía está a ser moi variada, mesmo tivemos unha vaga de frío prolongada no tempo dende días antes de fin de ano ata ben entrado Xaneiro. Pero a dinámica das últimas semanas está a ser de tempo totalmente Atlántico: situacións de ventos do suroeste, chegada de frontes e chuvias.

Sigue leyendo

O FRÍO E A NEVE SEGUIRÁN SENDO NOTICIA

MeteoGráfico no que vos detallo os diversos factores que nos están a traer este tempo tan frío no comezo do 2021.

Dende que comezou o Inverno meteorolóxico, o 1 de Decembro, tivemos de todo, tal e como debe de ser nesta estación. A primeiros do derradeiro mes do ano, unha entrada moi fría do noroeste deixou nevaradas moi copiosas en cotas medias do norte Peninsular, e foi seguida de semanas de chuvias que acumularon moita cantidade de auga nas provincias Atlánticas, resultando o mes mais chuvioso do ano a nivel xeral. Xa a partir do Nadal, o aire frío volveu facer acto de presenza, e a día de hoxe aínda o temos con nós, e aínda vai dar que falar.

Sigue leyendo

CHEGAN O FRÍO E A NEVE A GALICIA

Descarga de aire frío polar marítimo procedente de Groelandia.

Ben certo é que as derradeiras semanas se por algo estiveron caracterizadas foi pola ausencia total de tempo propio desta época do ano. Vimos de rematar un Novembro que seguramente, nos informes mensuais que remitirán as axencias oficiais dentro duns días, apareza como cálido, xa que as temperaturas foron moi elevadas, con rexistros de ata 24ºC o pasado Luns, por exemplo, na cidade de Pontevedra, algo que é totalmente anormal estando a piques de rematar o ano.

Sigue leyendo

AS NUBES, QUÉ SON E COMO SE FORMAN?

A quen non lle chamou a atención, algunha vez da súa vida, a forma que tiña unha nube? Esos xiros tan extraños e peculiares que teñen, esa dispersión de cores, que tanto nos sorprende e que, se temos a man unha cámara, non dubidamos un segundo en poder inmortalizar a beleza que temos ante os nosos ollos. A verdade é que eu son o primeiro que fai iso. Xa, cando era pequeno, gustábame moito sentarme en calquer sitio da miña horta a observar o comportamento que tiñan, e, creédeme, apréndese moito sobre o futuro tempo que nos agarda.

Sigue leyendo

DERRADEIRA SEMANA DE ABRIL MARCADA POLA CHUVIA

Posición da borrasca e precipitacións previstas para o Mércores 29 de Abril

Abril quere facer honra ao refrán que leva o seu nome: Abril, augas mil. Levamos xa varias semanas con tempo inestable, o anticiclón non é quen, de momento, de gañarlle a partida ás diversas borrascas e bolsas de aire frío que pululan polo sur de Europa, e semella que vai seguir así bastantes días máis, pero con algúns matices.

Sigue leyendo

SEMANA INESTABLE POR DIANTE

Portada
Imaxe EUMETSAT das masas de aire. Hora 11:30 do Domingo 12 de Abril

Pasado o Inverno, chega a Primavera. Moitas pequenas borrascas que no periodo Invernal non nos afectarían tanto, a partir de Marzo, xa comezan a ter máis consecuencias. Estamos falando do aire frío en altura que se xunta co aire cálido que se sitúa na superficie debido ao sol que xa comeza a quentar. Este contraste térmico entre as capas baixas e as altas, provoca o que se chama “inestabilidade” como tal. O aire cálido, ascende, e vai topando temperaturas cada vez máis baixas. Este fenómeno denomínase “convección”, o proceso polo cal o aire cálido comeza a subir a altitudes máis altas. Se a inestabilidade é acusada, fórmanse grandes nubes que descargarán treboadas.

Sigue leyendo