A SEMANA COMEZARÁ CON CHUVIAS

Imaxe do satélite visible das 14:30 h deste Domingo.

Xa se lle escoita a moita xente dicir que este Inverno está a ser coma os de antes, moi variado, con frío, chuvias, xeadas, sol, nevaradas, temporais de vento e de mar, vamos moi entretido meteoroloxicamente falando. E sí, o certo é que dende aquel primeiro episodio de nevaradas que tivemos o 4-5 de Decembro, a meteoroloxía está a ser moi variada, mesmo tivemos unha vaga de frío prolongada no tempo dende días antes de fin de ano ata ben entrado Xaneiro. Pero a dinámica das últimas semanas está a ser de tempo totalmente Atlántico: situacións de ventos do suroeste, chegada de frontes e chuvias.

Sigue leyendo

DERRADEIRA SEMANA DE ABRIL MARCADA POLA CHUVIA

Posición da borrasca e precipitacións previstas para o Mércores 29 de Abril

Abril quere facer honra ao refrán que leva o seu nome: Abril, augas mil. Levamos xa varias semanas con tempo inestable, o anticiclón non é quen, de momento, de gañarlle a partida ás diversas borrascas e bolsas de aire frío que pululan polo sur de Europa, e semella que vai seguir así bastantes días máis, pero con algúns matices.

Sigue leyendo

SEMANA INESTABLE POR DIANTE

Portada
Imaxe EUMETSAT das masas de aire. Hora 11:30 do Domingo 12 de Abril

Pasado o Inverno, chega a Primavera. Moitas pequenas borrascas que no periodo Invernal non nos afectarían tanto, a partir de Marzo, xa comezan a ter máis consecuencias. Estamos falando do aire frío en altura que se xunta co aire cálido que se sitúa na superficie debido ao sol que xa comeza a quentar. Este contraste térmico entre as capas baixas e as altas, provoca o que se chama «inestabilidade» como tal. O aire cálido, ascende, e vai topando temperaturas cada vez máis baixas. Este fenómeno denomínase «convección», o proceso polo cal o aire cálido comeza a subir a altitudes máis altas. Se a inestabilidade é acusada, fórmanse grandes nubes que descargarán treboadas.

Sigue leyendo

Fin de semana de calor no centro e sur con algunhas treboadas

web_mslp_GFS00_a_00

Imaxe de satélite infravermella+isobaras

Vimos de rematar un Agosto que rematou coa tendencia que levábamos dende que comezara o Verán. Ata Xullo, dita estación estaba sendo moi levadeira, con temperaturas máximas por debaixo do normal e chuvias abundantes en moitas zonas debido ás constantes visitas de pequenas borrascas e bolsas de aire frío en altura que ían inestabilizando moito o tempo tanto aquí, en Galicia, coma na Península. Agosto resultou ser un mes cálido e seco, cunha vaga de calor a comezos de mes con temperaturas por riba dos 40ºC nos vales do interior, pero e que a calor non ía rematar aí, xa que o nordés sería a tónica dominante durante a maioría das xornadas o que favoreceu que no centro e sur as temperaturas fosen elevadas, con moitos días de valores máximos iguais ou superiores a 30ºC e escasez de chuvias.

Para que vos fagades unha idea, por exemplo, das poucas treboadas que tivemos en Agosto na comunidade, nos 7 días que levamos de Setembro, na comunidade Galega xa tivemos máis treboadas ca en todo o pasado mes! E é que Setembro comezou moi cálido e agora estamos vivindo uns días máis inestables, con temperaturas contidas pero que aínda así, no sur volverán rondar os 30ºC, pero debido á presenza de aire frío en altura, a posibilidade de chuvascos treboentos no interior está aí.

bitmap

Pronóstico fin de semana

Durante a recta final da semana viviremos unha situación semellante á que levamos tendo todas estas xornadas pasadas pero con treboadas que non serán tan intensas, polo menos nun principio. Aínda así, o Sábado cabe agardar un día de calor no centro, sur e mesmo tamén no norte, agás na Mariña onde o nordés seguirá retendo algunhas nubes. Nas Rías Baixas o nordés calmará e entrará o vento marítimo, o oeste, refrescando as zonas preto da costa con, mesmo, entrada de brétema costeira nas zonas máis expostas. No interior de Galicia a partir do mediodía medrarán nubes de evolución que deixarán algúns chuvascos treboentos, máis probables no centro, sur e montaña de Lugo, así como tamén, en xeral, na provincia de Ourense.

O Domingo, pouco a pouco volveremos recuperar a plena influencia anticiclónica e o nordés volverá coller forza. Xornada de nubes e claros no norte debido ao arrastre de nubosidade por este vento, mesmo non se descarta algunha orballada, moi pouca cousa. Canto máis ao sur e especialmente canto máis ao suroeste nos despracemos, ceo máis aberto, nas Rías Baixas o nordés limpa o ceo de nubes. No interior volverán medrar nubes de evolución que poderían deixar, de novo, algúns chuvascos treboentos pero desta volta máis concentrados no extremo leste. As temperaturas máximas experimentarán un descenso mentras que as mínimas manteranse sen cambios, con pequenas variacións según zonas.

Sigue leyendo

Recta final de semana con ascenso das temperaturas e chuvascos no interior

Captura

Imaxe de satélite visible das 12:00 UTC do Xoves 5 de Xullo. Moita nube baixa no norte.

É, seguramente, dos temas máis comentados nas últimas xornadas, onde está o Verán? Dende que comezou o Verán meteorolóxico, alá polo 1 de Xuño, só tivemos un episodio de calor a mediados do pasado mes, o resto do tempo, en maior ou menor medida, estivemos influenciados pola presenza de pequenos centros de baixa presión que se situaban moi preto da Península e que, a parte de inestabilizar a atmosfera con chuvascos e treboadas, que están a ser a tónica dominante no interior Galego, tamén nos traen temperaturas frescas para a época do ano, xa que o vento do oeste arrastra aire húmido e fresco procedente do mar.

Sigue leyendo