Semana anticiclónica por diante con ascenso das temperaturas

Configuración prevista para mediados de semana a nivel Europeo. Modelo ECMWF.

Vimos dunha semana que, nun primeiro momento foi seca, pero tal e como adiantaba había risco de que nos chegase algunha que outra fronte. A primeira foi feble e afectounos na noite do Mércores e na madrugada do Xoves, con pobres acumulados de auga, pero a segunda e última xa foi máis activa e na madrugada do Domingo deixou cantidades xa máis altas no oeste da comunidade, ata 44 l/m2 se acumularon en Fontecada (Santa Comba) con refachos de vento intensos, que chegaron a 144 km/h en Penedo do Galo, en Viveiro. Pero agora cambia a dinámica, o anticiclón muda de posición e afectaranos de cheo.

Sigue leyendo

Situación Atlántica en camiño: sucesión de frontes e chuvias

meteosat-msg_airmass_overlay-ne_10m_coastline_overlay-ne_10m_admin_0_boundary_lines_land

Imaxe de satélite das masas de aire na mañanciña do Mércores 12 de Decembro

Este mes de Decembro está vindo marcado pola ausencia de períodos de frío propio da época do ano. O anticiclón, que colleu forza e está anclado ao sur Peninsular, non permite que teñamos entradas de vento do norte nin unha circulación máis meridional. Pero tampouco é nada raro, neste mes é habitual que a circulación zonal, de oeste a leste, colla forza e Decembro sexa un mes anticiclónico en boa parte da Península agás, coma case sempre, no extremo norte e especialmente no noroeste Peninsular, e como consecuencia, en Galicia.

Sigue leyendo

Novembro comeza con chuvias abundantes

Captura

Infografía representando a configuración atmosférica que nos agarda para os vindeiros días.

O pasado mes de Outubro tivo de todo, dende entradas de calor con temperaturas moi altas para a época, ata unha nortada de récord a finais de mes, pasando pola chegada dos restos do furacán Leslie á costa Portuguesa. Un mes que pasará á historia por episodios como a nortada dos últimos días, na que se batiron récords de frío en moitas zonas,  con nevaradas moi importantes nas montañas, e incluso en zonas non tan altas, porque aínda que en Galicia non nevou en cotas especialmente baixas, na comunidade veciña, en Asturias, a neve deixouse ver, callando, por riba de tan só 200 metros! E iso é algo que dificilmente se volverá a repetir nun mes de Outubro. Sigue leyendo

Cambio de patrón: chega a chuvia e o fresco

Captura

Imaxe das masas de aire. Mañá do 10 de Outubro, na que vemos en primeiro plano ao furacán Leslie. Nun principio semellaba que podería achegarse á Península, pero xusto antes de chegar, virará cara o sur e seguirá no Atlántico.

Tras un comezo de Outubro practicamente calcado a como foi o mes de Setembro, con tempo anticiclónico e temperaturas moi altas para a época do ano, con máximas que superaron os 30ºC en moitos puntos, semella que a atmosfera quere normalizarse, con chegada de borrascas e dun tempo máis propio da época na que estamos, con chuvias, vento, e temperaturas máis frescas ca estos días pasados.

Sigue leyendo

Setembro en Galicia: moi cálido e moi seco

Ao igual que acontecerá no pasado mes de Agosto, as altas presións e a ausencia de bolsas de aire frío en altura e pequenas borrascas contribuiron a que a maior parte do tempo na comunidade a situación meteorolóxica fora estable. A posición do centro de altas presións ao norte da Península bloquea por completo a chegada das borrascas, desviandoas cara latitudes máis norteñas. Isto que comento vémolo perfectamente na análise do xeopotencial a 500 hpa dominante en Setembro en Europa:

Sigue leyendo

Comezamos o Outono con tempo de Verán

ECMOPEU00_144_1

Configuración prevista polo modelo ECMWF para mediados da semana do 24/30 de Setembro.

Estamos a ter un Setembro marcado pola influencia das altas presións, tan só a comezos de mes, cando chegou algo de aire frío en altura, tivemos algunhas treboadas con temperaturas máis frescas, xunto con estes días pasados, pero o resto das xornadas a verdade é que as temperaturas están a ser cálidas para a época do ano, e semella que así seguiremos coa entrada da nova semana, e do Outono.

Sigue leyendo

Semana marcada pola estabilidade e posibles cambios para rematar o ano.

web_mslp_GFS00_p_06

Imaxe de satélite infravermella das 06:00 h desta mañá.

Este Outono estaba sendo do máis aburrido ata que chegou Decembro e cambiou a dinámica por completo. Chegaron as xeadas, o tempo propio da época e xusto despois chegou o primeiro gran temporal da tempada, a borrasca «ANA» deixaba rexistros de chuvia de máis de 200 l/m2 en 24 horas o pasado Domingo 10. En A Lama, no interior de Pontevedra, caían esa xornada 232 l/m2, un acumulado que era RÉCORD de precipitación máxima rexistrada en Galicia nun día, e dicir, nunca houbo unha xornada tan chuviosa dende que hai datos. Tras esa histórica xornada, viñeron días de chuvias pero menos intensas.

Sigue leyendo