Novembro comeza con chuvias abundantes

Captura

Infografía representando a configuración atmosférica que nos agarda para os vindeiros días.

O pasado mes de Outubro tivo de todo, dende entradas de calor con temperaturas moi altas para a época, ata unha nortada de récord a finais de mes, pasando pola chegada dos restos do furacán Leslie á costa Portuguesa. Un mes que pasará á historia por episodios como a nortada dos últimos días, na que se batiron récords de frío en moitas zonas,  con nevaradas moi importantes nas montañas, e incluso en zonas non tan altas, porque aínda que en Galicia non nevou en cotas especialmente baixas, na comunidade veciña, en Asturias, a neve deixouse ver, callando, por riba de tan só 200 metros! E iso é algo que dificilmente se volverá a repetir nun mes de Outubro. Sigue leyendo

Do “Veroño” ao tempo Invernal

7711_gll1

Infografía basada no modelo GFS. Mapa para o vindeiro Sábado 27, configuración clásica de nortada.

Outubro, de momento, divídise en 3 partes. Unha primeira, na que a protagonista foi a forte calor de comezos de mes, cando as temperaturas acadaron valores de máis de 30ºC en moitos puntos, rexistros máis altos do normal pero que tampouco chegan ao carácter de excepcional, xa que non é raro ver valores así na recta final do Verán. Unha segunda metade, marcada polo descenso marcado das temperaturas e a chegada das precipitacións a mediados de mes, co acontecemento da chegada dos restos do furacán LESLIE á Península, onde os efectos foron especialmente notorios na costa centro de Portugal, con refachos de máis de 170 km/h. E unha terceira metade, que estamos tendo agora mesmo, cun novo periodo anticiclónico e un repunte das temperaturas a valores xa moi altos para a época, e as Rías Baixas foron as que máis notaron este ascenso térmco. Na estación de Pontevedra-Campolongo, no centro da cidade, chegaron a marcar máis de 30ºC o Martes, por exemplo, un valor xa moi alto para estar na recta final de mes.

Sigue leyendo

Cambio de patrón: chega a chuvia e o fresco

Captura

Imaxe das masas de aire. Mañá do 10 de Outubro, na que vemos en primeiro plano ao furacán Leslie. Nun principio semellaba que podería achegarse á Península, pero xusto antes de chegar, virará cara o sur e seguirá no Atlántico.

Tras un comezo de Outubro practicamente calcado a como foi o mes de Setembro, con tempo anticiclónico e temperaturas moi altas para a época do ano, con máximas que superaron os 30ºC en moitos puntos, semella que a atmosfera quere normalizarse, con chegada de borrascas e dun tempo máis propio da época na que estamos, con chuvias, vento, e temperaturas máis frescas ca estos días pasados.

Sigue leyendo

Cambiamos as chuvias, polo frío

t850_96

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o día de Reis

Rematamos 2017 tal e como adiantara nun dos derradeiros artigos que publicara no blog, xa que antes de comezar o Nadal, xa se vía clara unha tendencia a vento do oeste/suroeste para a recta final de ano que nos deixaría precipitacións, e así foi, acumulando cantidades bastante decentes, que maquillan un pouco como foi o ano, xa que estivo marcado por un déficit de chuvias moi importante, cunha seca de tal importancia que tivo que haber restriccións de auga en bastantes pobos de Galicia, pero semella que pouco a pouco imos volvendo á normalidade e ao típico tempo Galego.

Sigue leyendo

Pronóstico especial: Fin de Ano e Aninovo

Captura

Estamos a 48 horas de rematar o ano, e a situación meteorolóxica segue estando caracterizada polo vento do suroeste que segue aportando humidade dende o Atlántico, con entrada de frontes e con chuvias que están a ser máis intensas e persistentes en Coruña e Pontevedra, como é normal. Pero, seguiremos con esta tónica para rematar 2017 e comezar o 2018? Imos ver. Sigue leyendo

Semana marcada pola estabilidade e posibles cambios para rematar o ano.

web_mslp_GFS00_p_06

Imaxe de satélite infravermella das 06:00 h desta mañá.

Este Outono estaba sendo do máis aburrido ata que chegou Decembro e cambiou a dinámica por completo. Chegaron as xeadas, o tempo propio da época e xusto despois chegou o primeiro gran temporal da tempada, a borrasca “ANA” deixaba rexistros de chuvia de máis de 200 l/m2 en 24 horas o pasado Domingo 10. En A Lama, no interior de Pontevedra, caían esa xornada 232 l/m2, un acumulado que era RÉCORD de precipitación máxima rexistrada en Galicia nun día, e dicir, nunca houbo unha xornada tan chuviosa dende que hai datos. Tras esa histórica xornada, viñeron días de chuvias pero menos intensas.

Sigue leyendo