CHEGAN O FRÍO E A NEVE A GALICIA

Descarga de aire frío polar marítimo procedente de Groelandia.

Ben certo é que as derradeiras semanas se por algo estiveron caracterizadas foi pola ausencia total de tempo propio desta época do ano. Vimos de rematar un Novembro que seguramente, nos informes mensuais que remitirán as axencias oficiais dentro duns días, apareza como cálido, xa que as temperaturas foron moi elevadas, con rexistros de ata 24ºC o pasado Luns, por exemplo, na cidade de Pontevedra, algo que é totalmente anormal estando a piques de rematar o ano.

Sigue leyendo

Do «Veroño» ao tempo Invernal

7711_gll1

Infografía basada no modelo GFS. Mapa para o vindeiro Sábado 27, configuración clásica de nortada.

Outubro, de momento, divídise en 3 partes. Unha primeira, na que a protagonista foi a forte calor de comezos de mes, cando as temperaturas acadaron valores de máis de 30ºC en moitos puntos, rexistros máis altos do normal pero que tampouco chegan ao carácter de excepcional, xa que non é raro ver valores así na recta final do Verán. Unha segunda metade, marcada polo descenso marcado das temperaturas e a chegada das precipitacións a mediados de mes, co acontecemento da chegada dos restos do furacán LESLIE á Península, onde os efectos foron especialmente notorios na costa centro de Portugal, con refachos de máis de 170 km/h. E unha terceira metade, que estamos tendo agora mesmo, cun novo periodo anticiclónico e un repunte das temperaturas a valores xa moi altos para a época, e as Rías Baixas foron as que máis notaron este ascenso térmco. Na estación de Pontevedra-Campolongo, no centro da cidade, chegaron a marcar máis de 30ºC o Martes, por exemplo, un valor xa moi alto para estar na recta final de mes.

Sigue leyendo

Cambiamos as chuvias, polo frío

t850_96

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o día de Reis

Rematamos 2017 tal e como adiantara nun dos derradeiros artigos que publicara no blog, xa que antes de comezar o Nadal, xa se vía clara unha tendencia a vento do oeste/suroeste para a recta final de ano que nos deixaría precipitacións, e así foi, acumulando cantidades bastante decentes, que maquillan un pouco como foi o ano, xa que estivo marcado por un déficit de chuvias moi importante, cunha seca de tal importancia que tivo que haber restriccións de auga en bastantes pobos de Galicia, pero semella que pouco a pouco imos volvendo á normalidade e ao típico tempo Galego.

Sigue leyendo

Comeza unha semana marcada polo frío

ECMWF 850 HPA

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o Mércores 29

Tralas chuvias que nos afectaron esta semana, precipitacións que foron moi ben recibidas polo campo, xa que en bastantes zonas caeron máis de 70-80 l/m2, semella que entraremos nun novo período seco que, agardemos, non se alargue moito no tempo. Para comezar, a semana que comezaremos mañá estará marcada polo réxime de vento do norte. Isto a Galicia non acostuma a traer moita auga, tan só a metade norte verá chover por veces pero de xeito feble e intermitente. Sigue leyendo