
Configuración prevista polo modelo ECMWF para mediados da semana do 24/30 de Setembro.
Estamos a ter un Setembro marcado pola influencia das altas presións, tan só a comezos de mes, cando chegou algo de aire frío en altura, tivemos algunhas treboadas con temperaturas máis frescas, xunto con estes días pasados, pero o resto das xornadas a verdade é que as temperaturas están a ser cálidas para a época do ano, e semella que así seguiremos coa entrada da nova semana, e do Outono.