O EPISODIO DE TREBOADAS DO SÁBADO 24 DE ABRIL EN GALICIA

Lóstrego caendo no val do Lérez, á altura de Campo Lameiro. Imaxe de David Domínguez

O Sábado 24 de Abril en Galicia foi moi animado. Xa fai uns días, comentaba nas redes sociais que a segunda metade do mes de Abril podería ser máis revolta, debido á chegada de pequenos centros de baixas presións dende o Atlántico, con aire frío en altura. Iso, sempre é sinónimo de inestabilidade, pero máis nesta época. A natureza odia os desaxustes e todo tende a compensalo, por iso, cando hai grandes diferenzas entre a temperatura da superficie e a das capas altas da atmosfera, hai enerxía suficiente como para que se formen grandes nubes que den lugar a treboadas e chaparróns fortes.

Sigue leyendo

A PLUVIOMETRÍA NO INVERNO 2020-2021 NAS PRINCIPAIS VILAS GALEGAS


A verdade é que este Inverno xa está a ser catalogado por moita xente como «dos de antes». Aos meus 25 anos, non vivín un Inverno aínda como dos que falan os maiores, pero a verdade é que este non está a ser para nada aburrido, ao contrario, está sendo como ten que ser, movido.


O Inverno meteorolóxico comezou o 1 de Decembro e durará ata o 28 de Febreiro, incluído. Levamos un 90% del e nestas semanas tivemos de todo, frío, neve, temporais de vento, de chuvia, de mar, xeadas, pero sen dúbida o máis noticiable dos últimos días, é a gran cantidade de auga que está caendo, ímolo ver en datos. Os gráficos do comezo do artigo, dispoñibles na páxina de AEMET , amosan a evolución da chuvia acumulada no Inverno presente (liña vermella) xunto coa media do acumulado en ditas semanas entre os anos 1981-2010, gráficos de Coruña, Lugo aeroporto, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e aeroporto de Vigo.

Sigue leyendo

A SEMANA COMEZARÁ CON CHUVIAS

Imaxe do satélite visible das 14:30 h deste Domingo.

Xa se lle escoita a moita xente dicir que este Inverno está a ser coma os de antes, moi variado, con frío, chuvias, xeadas, sol, nevaradas, temporais de vento e de mar, vamos moi entretido meteoroloxicamente falando. E sí, o certo é que dende aquel primeiro episodio de nevaradas que tivemos o 4-5 de Decembro, a meteoroloxía está a ser moi variada, mesmo tivemos unha vaga de frío prolongada no tempo dende días antes de fin de ano ata ben entrado Xaneiro. Pero a dinámica das últimas semanas está a ser de tempo totalmente Atlántico: situacións de ventos do suroeste, chegada de frontes e chuvias.

Sigue leyendo

O FRÍO E A NEVE SEGUIRÁN SENDO NOTICIA

MeteoGráfico no que vos detallo os diversos factores que nos están a traer este tempo tan frío no comezo do 2021.

Dende que comezou o Inverno meteorolóxico, o 1 de Decembro, tivemos de todo, tal e como debe de ser nesta estación. A primeiros do derradeiro mes do ano, unha entrada moi fría do noroeste deixou nevaradas moi copiosas en cotas medias do norte Peninsular, e foi seguida de semanas de chuvias que acumularon moita cantidade de auga nas provincias Atlánticas, resultando o mes mais chuvioso do ano a nivel xeral. Xa a partir do Nadal, o aire frío volveu facer acto de presenza, e a día de hoxe aínda o temos con nós, e aínda vai dar que falar.

Sigue leyendo

Recta final de semana con ascenso das temperaturas e chuvascos no interior

Captura

Imaxe de satélite visible das 12:00 UTC do Xoves 5 de Xullo. Moita nube baixa no norte.

É, seguramente, dos temas máis comentados nas últimas xornadas, onde está o Verán? Dende que comezou o Verán meteorolóxico, alá polo 1 de Xuño, só tivemos un episodio de calor a mediados do pasado mes, o resto do tempo, en maior ou menor medida, estivemos influenciados pola presenza de pequenos centros de baixa presión que se situaban moi preto da Península e que, a parte de inestabilizar a atmosfera con chuvascos e treboadas, que están a ser a tónica dominante no interior Galego, tamén nos traen temperaturas frescas para a época do ano, xa que o vento do oeste arrastra aire húmido e fresco procedente do mar.

Sigue leyendo