A SEMANA COMEZARÁ CON CHUVIAS

Imaxe do satélite visible das 14:30 h deste Domingo.

Xa se lle escoita a moita xente dicir que este Inverno está a ser coma os de antes, moi variado, con frío, chuvias, xeadas, sol, nevaradas, temporais de vento e de mar, vamos moi entretido meteoroloxicamente falando. E sí, o certo é que dende aquel primeiro episodio de nevaradas que tivemos o 4-5 de Decembro, a meteoroloxía está a ser moi variada, mesmo tivemos unha vaga de frío prolongada no tempo dende días antes de fin de ano ata ben entrado Xaneiro. Pero a dinámica das últimas semanas está a ser de tempo totalmente Atlántico: situacións de ventos do suroeste, chegada de frontes e chuvias.

Sigue leyendo

Novembro comeza con chuvias abundantes

Captura

Infografía representando a configuración atmosférica que nos agarda para os vindeiros días.

O pasado mes de Outubro tivo de todo, dende entradas de calor con temperaturas moi altas para a época, ata unha nortada de récord a finais de mes, pasando pola chegada dos restos do furacán Leslie á costa Portuguesa. Un mes que pasará á historia por episodios como a nortada dos últimos días, na que se batiron récords de frío en moitas zonas,  con nevaradas moi importantes nas montañas, e incluso en zonas non tan altas, porque aínda que en Galicia non nevou en cotas especialmente baixas, na comunidade veciña, en Asturias, a neve deixouse ver, callando, por riba de tan só 200 metros! E iso é algo que dificilmente se volverá a repetir nun mes de Outubro. Sigue leyendo