Remiten as chuvias, chega o anticiclón

Imaxe de satélite visible das 9:00 UTC do 18/8/2019

Se por algo se está caracterizando este Verán en Galicia é pola ausencia de episodios fortes de calor, polo menos ata o momento. Certo é que a temperatura media vai no agardado, no que viría sendo normal, pero moita culpa téñena as mínimas moi suaves que se están dando moitos días pola presenza de nubes que non deixan baixar moito os valores nocturnos.

Sigue leyendo

Pó sahariano e temperaturas de case 44ºC nos vales do interior

image-download

Imaxe do satélite TERRA no mediodía do Venres 3 de Agosto

Tal e como indicaban as previsións, estamos a ter xornadas verdadeiramente abafantes no centro e sur de Galicia debido a unha lingua de aire cálido procedente do continente Africano que nos está a deixar temperaturas moi elevadas, tanto durante o día con rexistros de ata máis de 43ºC, como polas noites, con madrugadas nas que as temperaturas mínimas, nalgunhas zonas, non son quen de baixar dos 25ºC debido á potente masa de aire cálido que temos enriba.

Sigue leyendo

Fortes treboadas no interior de Galicia na fin de semana

Xa o viñamos comentando,tanto o Venres coma o Sábado foron xornadas moi activas en practicamente todo o interior de Galicia debido á presenza de aire frío en altura e unha DANA (Depresión Aislada en Niveis Altos) situada ao oeste da Península, fronte a Portugal. A diferenza de temperatura entre os niveis altos e a superficie (viñamos de xornadas de calor), favoreceu a formación de potentes nubes de treboada que descargaron con intensidade en moitos puntos do interior da comunidade, aínda que, como acostuma acontecer nos episodios de treboadas, a precipitación é moi irregular, xa que non se tratou de convección organizada.

Sigue leyendo