
Infografía basada no modelo GFS. Mapa para o vindeiro Sábado 27, configuración clásica de nortada.
Outubro, de momento, divídise en 3 partes. Unha primeira, na que a protagonista foi a forte calor de comezos de mes, cando as temperaturas acadaron valores de máis de 30ºC en moitos puntos, rexistros máis altos do normal pero que tampouco chegan ao carácter de excepcional, xa que non é raro ver valores así na recta final do Verán. Unha segunda metade, marcada polo descenso marcado das temperaturas e a chegada das precipitacións a mediados de mes, co acontecemento da chegada dos restos do furacán LESLIE á Península, onde os efectos foron especialmente notorios na costa centro de Portugal, con refachos de máis de 170 km/h. E unha terceira metade, que estamos tendo agora mesmo, cun novo periodo anticiclónico e un repunte das temperaturas a valores xa moi altos para a época, e as Rías Baixas foron as que máis notaron este ascenso térmco. Na estación de Pontevedra-Campolongo, no centro da cidade, chegaron a marcar máis de 30ºC o Martes, por exemplo, un valor xa moi alto para estar na recta final de mes.