O EPISODIO DE TREBOADAS DO SÁBADO 24 DE ABRIL EN GALICIA

Lóstrego caendo no val do Lérez, á altura de Campo Lameiro. Imaxe de David Domínguez

O Sábado 24 de Abril en Galicia foi moi animado. Xa fai uns días, comentaba nas redes sociais que a segunda metade do mes de Abril podería ser máis revolta, debido á chegada de pequenos centros de baixas presións dende o Atlántico, con aire frío en altura. Iso, sempre é sinónimo de inestabilidade, pero máis nesta época. A natureza odia os desaxustes e todo tende a compensalo, por iso, cando hai grandes diferenzas entre a temperatura da superficie e a das capas altas da atmosfera, hai enerxía suficiente como para que se formen grandes nubes que den lugar a treboadas e chaparróns fortes.

Sigue leyendo

Pó sahariano e temperaturas de case 44ºC nos vales do interior

image-download

Imaxe do satélite TERRA no mediodía do Venres 3 de Agosto

Tal e como indicaban as previsións, estamos a ter xornadas verdadeiramente abafantes no centro e sur de Galicia debido a unha lingua de aire cálido procedente do continente Africano que nos está a deixar temperaturas moi elevadas, tanto durante o día con rexistros de ata máis de 43ºC, como polas noites, con madrugadas nas que as temperaturas mínimas, nalgunhas zonas, non son quen de baixar dos 25ºC debido á potente masa de aire cálido que temos enriba.

Sigue leyendo

Fortes treboadas no interior de Galicia na fin de semana

Xa o viñamos comentando,tanto o Venres coma o Sábado foron xornadas moi activas en practicamente todo o interior de Galicia debido á presenza de aire frío en altura e unha DANA (Depresión Aislada en Niveis Altos) situada ao oeste da Península, fronte a Portugal. A diferenza de temperatura entre os niveis altos e a superficie (viñamos de xornadas de calor), favoreceu a formación de potentes nubes de treboada que descargaron con intensidade en moitos puntos do interior da comunidade, aínda que, como acostuma acontecer nos episodios de treboadas, a precipitación é moi irregular, xa que non se tratou de convección organizada.

Sigue leyendo