Setembro en Galicia: moi cálido e moi seco

Ao igual que acontecerá no pasado mes de Agosto, as altas presións e a ausencia de bolsas de aire frío en altura e pequenas borrascas contribuiron a que a maior parte do tempo na comunidade a situación meteorolóxica fora estable. A posición do centro de altas presións ao norte da Península bloquea por completo a chegada das borrascas, desviandoas cara latitudes máis norteñas. Isto que comento vémolo perfectamente na análise do xeopotencial a 500 hpa dominante en Setembro en Europa:

G1vq7SXIv3

Análise do xeopotencial a 500 hpa en Europa en Setembro do ano 2018

Na imaxe da esquerda vemos o xopotencial a 500 hpa máis presente en Europa no mes de Setembro. Vese moi ben isto que veño comentando en liñas anteriores. As cores máis cálidas indican presenza de altas presións, mentras que, as cores máis frías, o contrario, presenza de baixas presións e borrascas.

Observamos como un centro de altas presións se situou case de continuo ao norte da Península, ao oeste de Francia, rondando o mar Cantábrico, uníndose tamén a outro anticiclón xa cara Europa do leste. Dende esa posición, a nós o que nos envía son ventos do nordés que na maior parte de Galicia son secos e cálidos, especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense. No extremo norte, o nordés chega con algo máis de fresco e humidade, o caso máis coñecido neste tema é a Mariña, onde mentras no resto de Galicia o ceo está despexado e a temperatura é boa, do Xistral cara o norte abondan as nubes baixas con máximas por debaixo dos 20ºC e orballos.

Co anticiclón nesa zona tamén acostuma a formarse unha pequena DANA ou bolsa de aire frío en altura ao suroeste Peninsular, e dende aí impulsa masas de aire cálido con temperaturas que a 1500 metros pasan dos 20ºC, o que se traduce que en zonas baixas dos vales do interior Galego se acheguen aos 40ºC. Tamén observamos como debido a esa rexión de altas presións no mar Cantábrico, as borrascas pasaron moi ao norte de Europa, afectando especialmente ao norte de Inglaterra, Islandia e Noruega.

-Mes moi seco e moi cálido

bitmap

Mapas de anomalía da temperatura e precipitación en Setembro. Fonte: AEMET

Os mapas das anomalías da temperatura e da precipitación acumulada no pasado mes de Setembro dan ben conta de como foi.  O mes xa comezou con temperaturas moi elevadas que chegaron a superar os 40ºC nalgún punto do Miño Ourensán como foi o caso de Remuiño, cando o día 1 rexistrou unha temperatura máxima de 40,4ºC, ou Cequeliños, xa na provincia de Pontevedra, que deu unha máxima máis alta, con 40,9ºC. Tamén destacan as temperaturas das Rías Baixas, Pontevedra superando os 37ºC, e mesmo A Lanzada con 36,1ºC. Nos primeiros días foi cando se rexistraron as temperaturas máis altas, e, aínda que en días posteriores baixaron, a presenza do anticiclón nesa zona, configurando unha compoñente de nordés constante seguiron mantendo as temperaturas por riba da media durante todo o mes, con moitos días de 30ºC no centro e sur de Galicia. O mes, en xeral, foi moi cálido, a anomalía positiva máis marcada deuse no sur da comunidade onde as temperaturas foron ata 3ºC por riba do normal, mentras que no extremo norte a anomalía, sendo aínda máis cálida do normal, non foi tan marcada, con 1,5ºC por riba da media.

En canto á precipitación, de novo foi un mes moi seco, especialmente na metade oeste, onde a precipitación rexistrada non chegou nin a un 20% do normal. No interior a anomalía seca é menos marcada debido ás treboadas que se deron nalgunhas zonas, deixando importantes acumulados de auga nun curto espazo de tempo, por exemplo en Ourense onde caeron máis de 40 l/m2 en tan só unha hora.

Outubro, de momento, comezou coa mesma tónica de Setembro, aínda que semella que as temperaturas baixarán a partir desta mesma fin de semana, con algunhas chuvias.

 

Deja un comentario