Entroido 2018: Tempo inestable e temperaturas frescas.

Captura

Estamos a ter un Inverno que se está a comportar como tal. Aínda que o Outono foi, en xeral bastante soso, dende fináis de Novembro estamos a ter de todo: Xeadas, neve en cotas baixas, espesores importantes nas montañas, temporais de chuvia e vento, ondaxe.. e semella que Febreiro quere seguir sendo inestable e con temperaturas frías.

Tralo episodio de frío e neve que vimos de rematar, estamos a entrar en dinámica Atlántica, tal e como vimos comentando tanto en Facebook coma en Twitter nas derradeiras xornadas, coa entrada da primeira fronte a pasada madrugada que non deixou acumulados importantes, pero da comezo a varios dias marcados pola influencia das baixas presións. A masa de aire frío que nos estivo afectando xa se vai retirando e o vento do suroeste comeza a gañar terreo. Isto o que quere dicir e que en Galicia teremos o tempo típico noso, sucesión de frontes con vento intenso do suroeste e acumulados importantes nas serras do prelitoral das Rías Baixas, especiamente de cara a primeira metade da vindeira semana.

bitmap

De momento, para a fin de semana que estamos a piques de comezar agárdase un aumentando progresivo das nubes ao longo da xornada do Sábado coa posibilidade de que se rexistren algunhas chuvias febles, máis probables nas provincias Atlánticas, orballos de escasa importancia. As precipitacións de máis entidade chegarán na madrugada do Domingo con chuvias puntualmente moderadas en Coruña e Pontevedra. As temperaturas mínimas baixarán e volverán rexistrase xeadas en moitos puntos do interior de Galicia, mentras que as máximas manteranse sen cambios, polo tanto outra xornada fría.

Na xornada Dominical unha fronte máis activa irá atravesando Galicia de norte a sur, sendo a tarde a parte máis inestable con precipitacións moderadas en practicamente toda Galicia, De novo os acumulados máis altos daranse na provincia de Pontevedra e nos puntos altos da comunidade. As temperaturas, tanto as máximas coma as mínimas, recuperaranse, pero sen ser un ascenso moi destacado. Tralo paso da fronte xa na xornada do Luns quedaremos de novo nun réxime de vento do norte con entrada de aire frío e chuvascos intermitentes. Hai que estar pendentes desta xornada xa que a neve baixará a cotas de arredor dos 500 metros, pero hai modelos que insinúan que a neve podería verse en cotas de ata 300 metros de altitude, polo tanto hai que seguilo.

-Posibles chuvias abundantes a vindeira semana

tempresult_dla5As chuvias máis intensas semella que se darán  entre o Martes e o Xoves, con chuvias que poderían ser persistentes e acumular altas cantidades de auga, especialmente nas provincias Atlánticas onde seguramente nese período Luns-Xoves, as serras do prelitoral das Rías Baixas poidan acumular incluso máis de 100 l/m2. Estos acumulados daríanse porque a configuración, a día de hoxe, é de vento do suroeste con longo percorrido marítimo, fixádevos na animación superior como as frontes van entrando e é o Mércores cando se poderían dar os acumulados máis importantes debido a unha extensa fronte que, tras percorrer o Atlántico, impactaría de cheo no noroeste peninsular. Ademáis, esta extensa fronte viría cun río de humidade subtropical, é dicir, unha masa de aire moi húmida, con gran cantidade de auga precipitable e de temperatura suave.

Pero, qué significa isto de «auga precipitable»? A auga precipitable é a cantidade total de auga que hai unha columna de aire. Canta máis haxa, o máis probable é que as chuvias que se produzan sexan moi eficientes, é dicir, que descarguen gran cantidade de auga acumulándose cantidades altas de auga en zonas habituáis, neste caso, falando de Galicia, as zonas máis propensas son as zonas altas, o prelitoral de Pontevedra e suroeste da provincia Coruñesa.

Polo tanto, semella que este Entroido vén pasado por auga, especialmente nas provincias Atlánticas e con neve en cotas medias-altas. Un tempo propio da época do ano pero que seguro que non entorpece a troula.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s