REFLEXIÓNS EN TEMPOS DE CORONAVIRUS

A día de hoxe, xa levaría tempo rompéndome a cabeza sobre como se comportaría o tempo en Semana Santa, cando sempre acostuma ser moi complexo de pronosticar. Por desgraza, este ano non é así e non estamos «a tope» con todo isto da meteoroloxía, debido a un monstruo microscópico que mudou o noso estilo de vida por completo. A verdade, non sei, nin eu nin ninguén, cando volveremos recuperar a normalidade coa que vivíamos antes na súa totalidade, se e que a recuperamos algún día tal e como a coñecíamos. Teño 24 anos, o 80% do meu tempo cotiá estaba fora da casa, entre o traballo que xa son 8 horas diarias, e os adestramentos, ao estar federado en atletismo, practicamente só estaba na casa pola noite. E claro, o cambio de non estar na casa a ter que estalo por obrigación é tremendo, tanto a nivel físico como a nivel mental.

Para tod@s, para tod@s está sendo duro, moi duro, pero xa van alá 3 semanas de cuarentena, e moi pouco a pouco, os datos xa comezan a mellorar. Agora, que temos moito tempo libre na casa, podemos darlle voltas a todo isto e a todo o que estabamos facendo mal nas nosas vidas. E voume ao apartado de VIVIR, como tal. A meirande parte da xente queixase de que ten que levantarse moi cedo para ir a traballar a un traballo que non lle gusta, de ter que saír da casa por obrigación, De ter a obrigación de facer deporte, para cumplir con «x» meta que ti te puxeches. Moitas veces, se cambias unha palabra que dis moitas veces na túa vida diaria, por outra, a cousa pode dar un xiro de 180º. Hai que aprender a cambiar a palabra «obrigación» por «oportunidade».Non é o mesmo dicir «teño a obriga de ir traballar» ca dicir «teño a oportunidade de ir a traballar». Hai que aprender a diferenciar ese tipo de cousas, agora que estamos encerrados dámonos conta do valor que ten o noso día a día, nesas pequenas cousas que pasaban desapercibidas pero que botamos de menos agora. No meu caso, gústame ir de compras e vestir ben, pero agora non boto de menos eso, boto de menos poder dar o meu paseo de media hora polas mañás antes de ir traballar, boto de menos poder entrenar e correr ao aire libre por onde eu quixera, boto de menos esa cervexa ao remate dun día duro, boto de menos as verbenas, @s amig@s, quedar con xente, visitar e descubrir lugares, paisaxes, sitios, descrubrir persoas, boto de menos eses cubatas a carón dunha orquestra, boto de menos a vida, a vida que eu tiña e que tanto quería.

E agora, que aínda nos quedan varias semanas máis de restricción da movilidade, podemos facer dúas cousas. Unha, seguir criticando a todo canto se mova, porque si, o goberno fixo moitas cousas mal, pero criticando non se consegue nada nestes tempos que corren, nada. A min non me gustaría estar na pel do presidente do goberno, dende o teclado é moi fácil falar e dirixir, pero ponte ti aí, fronte a todo un país nunha situación nunca antes vista. Cometéronse moitos erros, eso é innegable e hai que reprochalo, pero agora non é o momento, é o momento de estar todos a unha, o enemigo é común, de que ostia vale o que ti critiques? Pensa o que podes facer ti para axudar, a pequena, a máis pequena cousa que penses que sexa bo para os demais, xa vale. Polo tanto, tes dúas opcións. Ou seguir criticando, lamentándote cada día que pasa (que é entendible, ollo), ou bueno, aceptalo, tomalo como algo que vai pasar, preguntándote qué podo aprender eu de todo isto? Tomalo como unha etapa de crecemento persoal, por qué non? A día de hoxe, con todas as vantaxes comunicativas que temos por medio de internet, é imposible aburrirse! No meu caso, estou aproveitando para leer máis e aprender a coller rutina de exercicios na casa, cousa esta última que antes non facía.

Tomao como algo que vai pasar, é duro para tod@s, non para ti só. Veña, ánimo, en nada, cando menos o esperemos, estamos facendo o que máis nos gusta.

SORRÍ, O MUNDO PRECISA MÁIS DESO

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s