ABRIL 2020 EN CAMPO LAMEIRO

Se por algo se caracterizou o mes de Abril na localidade Pontevedresa de Campo Lameiro, así como en xeral, en toda Galicia, foi pola variabilidade atmosférica, propia desta época Primaveral. O mes de Abril fixo honra ao seu refrán máis sonado: En Abril, augas mil. E así foi, xa que acumulamos moita cantidade de chuvia.

A cantidade total de chuvia recollida no pasado mes foi de 304,4 mm. Unha cantidade alta pero nada extraña para esta zona. A inestabilidade, concentrouse maiormente na 2ª quincena, cando as bolsas de aire frío en altura comezaron a rondar a Península Ibérica, cun importante episodio de treboadas entre o Martes 14 e o Venres 17.

En canto ás temperaturas, a media foi de 13,1ºC. O valor máis alto deuse o día 24 con 23,9ºC de temperatura máxima, mentras que o valor mínimo do mes, rexistrouse o día 1 con 3,8ºC a primeira hora da mañá.

A dirección do vento predominante, cadra perfectamente coa cantidade de precipitación tan alta acumulada. O vento, a maior parte do tempo, soprou dende a dirección Sur-Surleste, algo por diante do surleste puro. Iso amosa moi ben o tempo cambiante, con chaparróns e treboadas que tivemos durante gran parte do mes. E é que, se hai unha configuración potencialmente inestable, xa non só no Inverno, senon tamén en Abril, cando o sol comeza a quentar, é a presenza dunha borrasca ao oeste da Península Ibérica, enviando ventos do sur e chaparróns treboentos.

Deja un comentario