Cambiamos as chuvias, polo frío

t850_96

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o día de Reis

Rematamos 2017 tal e como adiantara nun dos derradeiros artigos que publicara no blog, xa que antes de comezar o Nadal, xa se vía clara unha tendencia a vento do oeste/suroeste para a recta final de ano que nos deixaría precipitacións, e así foi, acumulando cantidades bastante decentes, que maquillan un pouco como foi o ano, xa que estivo marcado por un déficit de chuvias moi importante, cunha seca de tal importancia que tivo que haber restriccións de auga en bastantes pobos de Galicia, pero semella que pouco a pouco imos volvendo á normalidade e ao típico tempo Galego.

Sigue leyendo

Pronóstico especial: Fin de Ano e Aninovo

Captura

Estamos a 48 horas de rematar o ano, e a situación meteorolóxica segue estando caracterizada polo vento do suroeste que segue aportando humidade dende o Atlántico, con entrada de frontes e con chuvias que están a ser máis intensas e persistentes en Coruña e Pontevedra, como é normal. Pero, seguiremos con esta tónica para rematar 2017 e comezar o 2018? Imos ver. Sigue leyendo

Recta final de ano con paso de frontes atlánticas.

meteosat-msg_airmass_overlay-ne_10m_coastline_overlay-ne_10m_admin_0_boundary_lines_land

Imaxe das masas de aire. 18:30 h do Domingo 24 de Decembro.

Tal e como comentamos no derradeiro artículo deste blog, esta semana estaría marcada polo dominio das altas presións, con ceo con moi poucas nubes, temperaturas que subirían bastante durante o día, agás en zonas de néboa, e noites frías con xeadas en zonas do interior Galego. Pero nese artículo tamén comentábamos a tendencia que se vía de cara o final do ano. As borrascas gañarían forza e o anticiclón debilitaríase, iso o que provocaría é que remataramos o 2017 cunha circulación de ventos do oeste e sucesión de frontes atlánticas. Sigue leyendo

Semana marcada pola estabilidade e posibles cambios para rematar o ano.

web_mslp_GFS00_p_06

Imaxe de satélite infravermella das 06:00 h desta mañá.

Este Outono estaba sendo do máis aburrido ata que chegou Decembro e cambiou a dinámica por completo. Chegaron as xeadas, o tempo propio da época e xusto despois chegou o primeiro gran temporal da tempada, a borrasca «ANA» deixaba rexistros de chuvia de máis de 200 l/m2 en 24 horas o pasado Domingo 10. En A Lama, no interior de Pontevedra, caían esa xornada 232 l/m2, un acumulado que era RÉCORD de precipitación máxima rexistrada en Galicia nun día, e dicir, nunca houbo unha xornada tan chuviosa dende que hai datos. Tras esa histórica xornada, viñeron días de chuvias pero menos intensas.

Sigue leyendo

A borrasca ANA deixará un temporal de chuvia e vento o Domingo

Captura

Simulación satelital para a madrugada do Luns 11 de Decembro. Modelo ECMWF.

Tras un Outono do máis aburrido, no que tan só tivemos algúns episodios de chuvia pouco importantes que non chegaron a nada, semella que este Decembro a atmosfera se quere comportar algo mellor coa tan necesitada terra e nos traerá algo máis de movemento con  máis precipitacións e tempo propio da época do ano. Sen ir máis lonxe, comezamos o mes cunha entrada fría bastante importante que nos deixou xeadas fortes en moitos puntos do interior de Galicia, con mínimas que chegaron a marcar ata -9ºC en Calvos de Randín (Ourense), unha zona na que son habituáis as mínimas moi baixas. Pero con estas entradas de norte non se arranxa unha seca que cada vez vai a peor, ten que vir moita, pero moita chuvia a partir de xa, e semella que o tempo quere comezar a facerse máis revolto e inestable. Sigue leyendo

Comeza unha semana marcada polo frío

ECMWF 850 HPA

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo ECMWF para o Mércores 29

Tralas chuvias que nos afectaron esta semana, precipitacións que foron moi ben recibidas polo campo, xa que en bastantes zonas caeron máis de 70-80 l/m2, semella que entraremos nun novo período seco que, agardemos, non se alargue moito no tempo. Para comezar, a semana que comezaremos mañá estará marcada polo réxime de vento do norte. Isto a Galicia non acostuma a traer moita auga, tan só a metade norte verá chover por veces pero de xeito feble e intermitente. Sigue leyendo

Ophelia e un futuro incerto.

webexterna_ColorIR87_[16-15]

Non se fala de outra cousa. Estos días os medios de comunicación estanse facendo eco (de maneira máis ou menos acertada) da presenza do furacán Ophelia ao sur das Illas Azores o cal, previsiblemente, a partir de xa, comezará o seu traxecto cara o norte, pasando moi preto do noroeste Peninsular. É aquí onde reside a incerteza, por onde pasará, exactamente, o que quede do furacán Ophelia? Sigue leyendo